Mañ F\da\g°
M on s0 M erin °
W ' B “ a S,a uzcano
Lirrwar
deVayo Herrero
Título: RENDA BÁSICA DAS IGUAIS E FEMINISMOS
Da centralidade do emprego á centralidade da vida
Autoras: Maria Puga Fidalgo, Alicia Alonso Merino e Rosa Zafra Lizcano
Limiar: Yayo Herrero
Poemas: María Rosendo Priego
Editan: BALADRE, Coordinación de loitas contra a
precariedade, a exclusión e o empobrecemento
Rúa Sant Bernat 28 - Carcaixent (Pais Valencia)
Email: baladre@coordinacionbaladre.org
www.coordinacionbaladre.org
ZAMBRA, Iniciativas sociais
Rúa Francisco Cárter 1,1 Q , 1- - 29011 Málaga
Email: zambrainiciativas@gmail.com
www.asociacionzambra.org
www.asociacionzambra.org
Tradución: María Fernández Bernárdez
Maquetación: Lucía Calvo Sánchez
Impreso en GRÁFICAS DIGARZA
Plaza de los Ángeles, 3 - 29011 Málaga
e-mail: gráficas@digarza.e.telefonica.es
ISBN: 978-84-943374-2-0
Depósito legal: MA 277-2015
©
LICENZA CREATIVE COMMONS
Recoñecemento-Non Comercial-Senobra derivada 3.0
Esta licenza pemnitecopiar, distribulr, exhibir os lextos e imaxes desta publicaciún baixo as condicións
seguintes:
Reconecemento este material pode ser distribuldo. Copíado e exhibido po r terceiras
pÉrsoas se se amosa n o$ créditos
Nor> comercial o material onxinal e os traballos derivados poden ser dfstribuidos.
copiados e exbibidos meritres o seu uso non sexa comerdál.
■Sen obra derivada. este material pode ser distribuido. copiado e exbíbido pero non
se pode utü'izar para crear un trabalio derivado do orixínal.
■ Deberase establecer claramente os termos desta licenza para catquera usoou distríbudón
deste materi'fll.
- Pocferase presdndir de calquera destas condicidns se obteneo permiso expreso dos
autores.
Este libro ten unba licenza Creative Commons Attribution'Non Commercial-No derivs. Para consultar
ascondictóns desta lítenza púdese visitar ou achegar unha carta a Creative Commons 559. Nathan
Abbot Way, Stanford, California 94305 r EUA
RENDA BÁSICA
DAS IGUAIS
«femlnism
Da centralidade do emprego á centralidade da vida
ÍNDICE
7
Palabras á
edición galega
Xentes de Baladre
PRESENTACIÓN
Abrindo
o camiño
Alicia Alonso Merino
15
LIMIAR
Cara á
centralidade da
vida
Yayo Herrero
INTRODUCIÓN
Os principios da
desigualdade
Alicia Alonso Merino
RENTDA. BASICA DAS IGUAIS e f£fflinií> fflOÍ»
Da centralidade do emprego á centralidade da vida
37
A desigualdade das mulleres
ao longo da historia
e a submisión ao patriarcado
Rosa Zafra Lizcano
47
Renda Básica das Iguais
e Feminismos: puntos de
encontro...
e camiños por percorrer!
Mari Fidalgo
78
VOCES FEMINISTAS
Desde Coia, Santander,
Guipúscoa, Vigo,
Compostela e Carral
Palabras á edición galega
Xentes de Baladre
Algo falla,
Antonio Orihuela
Tenemos miedo a perder el trabajo
pero no tenemos miedo a perder la vida.
Unas cuantas mentiras son todas las certezas
de que disponemos para vivir.
Ya nos hemos matado bastante,
salva tu vida, se está muriendo.
Contra un sistema que afoga a maioría, en moitos casos até matar, cómpre
deixar claras as nosas aspiracións colectivas, os nosos desexos. Para a xente
de Baladre moitos deses anhelos nomeámolos "Renda Básica das iguais e
moito máisV
Cando o desemprego, a precariedade, a insuficiencia de cartos para chegar-
mos a fin de mes... condiciona a vida de tantas persoas é necesario reclamar,
ben clariño, que as saídas están fóra do capitalismo e do heteropatriarcado.
Unhas vías de escape que moitas estamos a construír no noso día a día, cos
agarimos de xente amiga, nuns barrios en que volve agromar a vida fronte a
unhas ofertas abertamente fracasadas.
Nestas follas atoparedes letras sobre economía, pero non daquela ciencia
que só fala da produtividade, do numérico. Aquí as palabras das compañeiras
falan de coidados, de colocar no centro as necesidades de todas, de apoio
mutuo, de afectos..., en definitiva, de VIDA.
Nestes últimos meses as Rendas Básicas apareceron no debate público con
forza, aparece como un concepto máis para o consumo. Os grupos de Ba-
ladre que, ao longo do tempo e do territorio, vimos falando da Renda Básica
das iguais atopamos agora un terreo máis poroso.
Na Galiza non somos alleas a estas dinámicas ás que lle demos pulo nos úl-
timos tempos coa publicación do estudo de viabilidade da RBis e coas loitas
polos dereitos sociais que, en especial, a xente de Coia está a defender con
moita presenza na rúa e no debate político. En moitos casos empregamos a
RBis como ferramenta para denunciar o desastre dunha RISGA insuficiente,
condicionada e restritiva que, lonxe de cubrir as nosas necesidades, nos afo-
ga máis na miseria. Iso si, os cartos que nunca aparecen para nós, colócanos,
e a mans cheas, nos seus petos para faceren negocios en que sempre gañan
os mesmos.
Rematamos celebrando a loita feminista. Na Galiza a loita pola RBis defén-
dena compas que levan tempo construíndo trincheiras desde ás que tecer
relacións, afectos, discursos que lle dan corpo e consistencia a estas letras.
Agardamos que a lectura deste libro provoque novas e ledas resistencias.
Febreiro 2015
roubarom-che a casa
roubarom-che a educagom
roubarom-che o corpo o pai
os irmaos roubarom-che o sotaque
e afala
roubarom-che a sexualidade
e quando parecia que nom
restava nada por roubar
quitarom-che os sonhos
e inventarom umha nova vida
para ti
e só por isso
nascimos nós
para expropiar a tua
história
efazer-che justipa
María Rosendo Priego
É un libro froito da práctica cotiá e
da reflexiórt conxunta, colectiva e
horizontal. Feito con amor, coidado,
apoio mutuo e moita rebeldía.
Demandado cada vez máis por
colectivos, non só feministas, onde
intentamos compartir toda esta
experiencia acumulada durante anos
de vida, traballo, loita, enredos e
desenredos, de como a Renda Básica da
Iguais é unha ferramenta igualmente
válida para as nosas loitas contra o
heteropatriarcado capitalista.
PRESENTACIÓN
Abrindo o camiño
AHcia Alonso Merino
Fo¡ xa aló polo ano 2001, en Paterna (Valencia), cando realizamos o primeiro
Seminano sobre "Muller e Renda Básica'' onde nos xuntamos persoas vin-
das de diferentes partes da península e das ínsulas, para debater e reflexionar
xuntas sobre os materiais que para a ocasión prepararan Sira del Río, Javier
Aguado e Guadi Blanco, José Iglesias e a compa de Berri-Otxoak, Karmele.
Desvelar a invisibilidade do traballo dos coidados, as alianzas do capita-
lismo co patriarcado, a feminización da pobreza e a importancia da renda
básica como ferramenta para enfrontar ambos sistemas de opresión e
dominación, foron algúns dos resultados, xunto coa creación de alianzas
e redes de loita que incorporasen esta nova visión.
Após o frutífero encontro, e cheas de enerxía e ilusión, continuamos en
Valladolid reflexionando sobre o tema nunhas charlas específicas que or-
ganizamos, axudadas polas reflexións de Amaia Pérez Orozco e Guadi
Blanco, quentiñas como tiñamos daquela a cabeza e o corazón. Despois
pasaron anos, algúns. Anos nos que fomos crecendo nos nosos diferen-
tes terñtoños e traballando desde os feminismos e a RBis. Algunhas das
iniciativas que xurdiron foron: a sección fixa de mulleres na historia, pre-
parado por Rosa Zafra no programa radiofónico "Nosotras las persoas" de
Radio Pimienta; o espazo do Akelarre Zambrero das compas de Zambra;
en Galiza íase traballando desde as redes de afectos e coidados, impulsa-
das desde diferentes espazos feministas etc.
Mais non fo¡ até o encontro de Cuenca en 2012 cando volvemos xun-
tarnos, no grupo de feminismos, persoas de Málaga, Canarias, Cuenca,
Galiza, Euskal Herria, Valladolid... cunha visión máis ampla sobre o hete-
ropatriarcado e outros feminismos. Xa tiñamos certeza de como a RBis
era unha ferramenta mo¡ válida nas nosas loitas cotiás e xa comezaramos
a incorporala desde os feminismos que cada unha e cada grupo ía vivin-
do. Alí saltou de novo a chispa, encontrámonos con ganas de xuntarnos,
coidarnos e compartir con outras persoas accións, reflexións, dúbidas,
inquedanzas e propostas a través dun grupo de Internet.
A finais dese ano, co estudo de viabilidade da aplicación da RBis en Galiza
nas nosas mans expuxemos, nas diferentes discusións que tiveron lugar
nas Xornadas Ecofeministas "Repensando a vida',' a contribución desta
ferramenta á loita por desprazar os mercados, o emprego e o paradigma
produtivista do centro das nosas vidas. Deses debates e do interese das
compañeiras en coñecer máis polo miúdo a RBis, saíu a proposta de rea-
lizar un obradoiro dirixido a botar unha ollada feminista á RBis. Este tivo
lugar en Compostela, en xaneiro de 2013, no marco da 1 a Semana Galega
pola RBis "Movéndonos polo dereito a vivir dignamente!'.'
E de aí, nese camiño, chegamos á 2 a Asemblea Estatal polas Rendas Bá-
sicas en Valladolid, en 2013, coa temática específica que presentaramos
sobre Rendas Básicas e Feminismos. As conclusións e o traballo de pre-
paración serviron para seguir impulsando outros obradoiros semellantes
pola ancha xeografía da península.
Uns meses despois veu a Marcha dos 30 anos de Baladre, cun día dedi-
cado concretamente ao tema de Feminismos e RBis, cun texto xa propio,
consensuado e específico sobre RBis e Feminismos.
Estes dous últimos anos de traballo e recompilación de conclusións me-
recía a pena ser recollido e compartido nun libriño de difusión que é o que
tes agora nas mans.
É un libro froito da práctica cotiá e da reflexión conxunta, colectiva e ho-
ñzontal. Feito con amor, coidado, apoio mutuo e moita rebeldía. Deman-
dado cada vez máis por colectivos, non só feministas, onde intentamos
compartir toda esta experiencia acumulada durante anos de vida, traballo,
loita, enredos e desenredos; de como a Renda Básica da Iguais é unha
ferramenta igualmente válida para as nosas loitas contra o heteropatñar-
cado capitalista. Conforme íamos producíndoo, asaltábanos a dúbida de
se era mellor facelo un pouco máis extenso, finalmente decidímonos por
un formato máis sinxelo e divulgativo; o resto... xa se verá. Esperamos ter
sido capaces de transmitir nel toda a vida que merece a pena ser vivida
e que leva dentro.
érades
coma insetos crepusculáños
trabalhando nos tornos
sempre antesdo nascer
do sol
moldando a vida
a vosso antolho
co apetite todo da justiga
de polpar com as maos
asferidas de centurias de cegueira
e mutilapom
abremse osfornos em Portomourisco
em Ramirás na Ghudinha
e nom há caso
todas as jerras de argila
levam asfrestas da história
marcadas na pele
María Rosendo Priego
A Renda Básica nunha sociedade
ecofeminista debe ir acompañada de
políticas de reorganización daqueles
traballos que non se poden deixar
de facer e da existencia de servizos
sociocomunitarios que garantan que
a lóxica patriarcal dos fogares non vai
obrigar as mulleres a seguir realizando
estes traballos en solitario.
LIMIAR
Cara á centralidade da vida
Yayo Herrero
Estamos a atravesar unha profunda involución ecolóxica, social, económica e
política. 0 modelo de produción, distribución e consumo que hoxe se encontra
en crise, e que se intenta desesperadamente volver a poñer en pé, desenvol-
veuse en oposición ás bases materiais que sosteñen a vida humana.
Construída sobre cimentos insostíbeis, a arquitectura das sociedades hetero-
patriarcais e capitalistas pon en risco os equilibrios ecolóxicos que permiten a
vida humana (e a doutras especies), dificulta as relacións de interdependencia
que nos sosteñen como humanidade e ameaza con provocar un verdadeiro
colapso antropolóxico. 0 metabolismo económico global crece sen observar
límites, ás custas da destrución do que precisamente necesitamos para nos
soster no tempo.
Yayo Herrero
A cultura capitalista baséase nunha crenza perigosa para o futuro dos se-
res humanos: a dunha falsa autonomía, tanto da natureza coma do resto
das persoas.
Se se ten en conta o profundo e acelerado cambio climático, o esgota-
mento da enerxía fósil barata e dos materiais, a pegada ecolóxica desbo-
cada, o afondamento nas desigualdades sociais, a irresponsabilidade do
estado e a sociedade do coidado das persoas en situación máis vulne-
rábel, o aumento da represión, o auxe dos fascismos... parece inxenuo
pensar que sexa factíbel unha saída baseada en meras reformas.
Hoxe, no Estado español, temos unha boa parte do territorio arrasado,
absoluta dependencia enerxética, servizos públicos desmantelados e un-
has brutais taxas de desemprego. Son os fogares e a estrutura familiar os
que están servindo de colchón para amortecer os peores efectos destas
políticas neoliberais sobre as persoas e, dentro destes, a causa do rol que
o patriarcado obriga a asumir ás mulleres, pois son estas as que cargan
coa maior parte do que os recursos públicos deixan de cubrir.
Cabe preguntarse se vai ser posíbel reconducir o conxunto do sistema
cara a outra situación que permita crear sociedades emancipadoras ou se
máis ben estamos nun momento de bifurcación que pode desembocar
en algo moito peor para a maior parte das persoas ou na posibilidade de
transitar cara a un tipo de sociedades equitativas e conscientes de viviren
asentadas nun planeta que ten límites.
Límites físicos que están xa excedidos. A humanidade, nun futuro xa tan
próximo que é case presente, terá que vivir forzosamente con menos
enerxía e materiais e sería desexábel que o conxunto dos movementos
sociais fose capaz de articular unha resistencia e de xerar alternativas
acordes coa complexidade e magnitude da crise. A necesidade de recon-
verter o metabolismo da economía é urxente e debería impulsar un nece-
sario debate social que permita afrontar a urxencia destas transicións e
realizar propostas viábeis no biofísico e xustas no socioeconómico.
A reflexión sobre a proposta da Renda Básica non pode realizarse á mar-
xe desta situación de crise material que dificulta, cando non impide, a
reprodución social de cada vez máis persoas. A proposta será máis sólida
e mellor comprendida canto máis ancorada estea nas propias condicións
Cara á centralidade da vida
antropolóxicas que sustentan as sociedades. A ecodependencia, a inter-
dependencia e os límites de ambas as dúas, deben ser o punto de partida
para pensar sobre a Renda Básica.
Ecodependentes nun planeta con límites
Como especie viva que somos obtemos da natureza o que necesitamos para
estar vivos. Somos seres radicalmente ecodependentes e pensar a vida hu-
mana e a economía á marxe da natureza é simplemente unha ilusión.
A dependencia ecolóxica lévanos directamente á cuestión dos límites. V¡-
vimos nun mundo que ten límites ecolóxicos. Aquilo que non é renovábel,
como os minerais ou a enerxía fósil, existe nunha cantidade limitada, é
susceptíbel de uso só até o seu esgotamento ou a súa extracción é extre-
madamente ineficaz. Aquilo que se renova, como a auga ou a fertilidade
do solo, non sucede á velocidade que interesa á produción capitalista,
senón ao ritmo dos ciclos naturais que non poden ser controlados á von-
tade pola tecnociencia ou o capital, aínda que estes s¡ poden alteralos de
forma profunda.
Exceder os límites abócanos a unha situación de incerteza e pode, ade-
mais de bloquear fisicamente o capitalismo mundializado, desencadear
cambios a grande escala e velocidade que conduzan a outras condicións
naturais menos favorábeis para a vida da especie humana.
Hogano, xa non nos sostemos globalmente sobre a riqueza que a nature-
za é capaz de rexenerar, senón que directamente se están a menoscabar
os bens de fondo que permiten esa rexeneración.
Até que punto as sociedades están dispostas a asumir os riscos que
supón forzar os cambios nos ciclos dinámicos da natureza, ten moito
que ver coas visións hexemónicas da economía e a política. 0 funda-
mentalismo dos beneficios está disposto a provocar estas situacións
que colocan a amplas maiorías sociais en situacións de vulnerabilidade.
E tamén cos imaxinarios das maiorías sociais, empapados dunhas in-
viábeis nocións de progreso, benestar e riqueza que resultan extrema-
damente funcionais para o sistema dominante, pero nefastas para a
sustentabilidade da vida humana.
Yayo Herrero
Interdependentes nun mundo
que esconde a importancia material das relacións
Alén de ser ecodependentes, cada ser humano presenta unha profunda
dependencia doutros seres humanos.
Esta segunda dependencia vén dada polo feito de sermos seres inma-
nentes e finitos que vivimos encarnados en corpos vulnerábeis. Durante
toda a vida, pero sobre todo nalgúns momentos do ciclo vital -primeira
infancia, vellez, momentos de doenza ou toda a vida para as persoas
con discapacidades ou enfermidades graves-, as persoas non poderia-
mos sobrevivir se non fose porque outras dedican tempo e enerxía ao
coidado dos nosos corpos.
Nas sociedades patriarcais quen se leva ocupando do traballo de aten-
ción e coidado dos corpos vulnerábeis son maioritariamente as mulle-
res, non porque estean esencialmente mellor constituídas para isto, se-
nón porque ese é o rol que impón a división sexual do traballo. E realizan
este labor no espazo privado e invisíbel dos fogares, rexido pola lóxica
patriarcal da institución familiar. No espazo visíbel da economía ocúl-
tanse e infravalóranse os tempos necesarios para a reprodución social
cotiá.
A invisibilidade da interdependencia, a desvalorización da centralidade
antropolóxica dos vínculos e as relacións entre as persoas e a subordi-
nación das emocións á razón son trazos esenciais das sociedades pa-
triarcais.
Non obstante, son traballos que non se poden deixar de facer. Como
veremos despois, as conceptualizacións de produción e traballo con-
vencionais ignoran a centralidade destas tarefas para a supervivencia
da sociedade. 0 feito é que, aínda dispondo de recursos económicos
individuais suficientes, estes traballos hai que realizalos e téñenos que
realizar todas as persoas, homes e mulleres. 0 apoio mutuo é condición
básica para a supervivencia, por iso, desde unha visión ecofeminista
non é posíbel soster que pode existir a vida á marxe da produción e o
traballo. Iso si, falamos doutra produción e outro traballo, criticando ra-
dicalmente as ficcións que construíu a economía convencional e sobre
as que se edificaron os instrumentos, indicadores e teorías maioritarias.
Cara á centralidade da vida
A produción capitalista
está desvinculada das necesidades
A Fisiocracia no século XVIII enunciaba que a produción era a riqueza
que a natureza rexeneraba ciclicamente a partir do traballo humano. 0
motor do crecemento económico era esa capacidade rexenerativa da
terra. Baixo esta lóxica, natureza e traballo non eran antagónicos, se-
nón que a interacción entre ambos garantía a posibilidade de satisfacer
as necesidades humanas e desenvolver a economía.
Desde esta primeira conceptualización, até a noción de produción
hoxe hexemónica, deu un xiro de enorme transcendencia cultural e
ecolóxica.
Hoxe postúlase que o capital é o motor de crecemento económico
e que pode substituír os outros factores de produción: a terra e o
traballo. Pasouse a falar de "produción" de ferro, petróleo ou cobre,
aínda que esta mal chamada produción esconda unha mera venda con
beneficio de riqueza finita preexistente (Naredo, 2006), xa que o ferro,
o petróleo ou o cobre non se poden producir, simplemente existen e
extráense.
A confusión entre produción e extracción afasta da cabeza das persoas
a idea dos límites físicos e o esgotamento dos recursos e asenta o
mito de que é posíbel "producir" industrialmente e á vontade aquilo
que se precisa para manterse vivo.
Na economía convencional, o concepto de produción xa non está liga-
do á satisfacción das necesidades humanas e á xeración de valores de
uso. 0 valor dun ben ou dun servizo está vinculado á súa capacidade
de incrementar as ganancias. A produción pasa, así, a ser calquera
proceso no que se produce un excedente social medido en termos
monetarios.
Expresar a produción en termos exclusivamente monetarios oculta,
no terreo da economía, todas aquelas producións que non estean mo-
netizadas. Desaparecen do eido da economía as producións que se
realizan no fogar (entre outras a produción da propia man de obra) e a
capacidade rexenerativa dos ciclos naturais.
Yayo Herrero
0 prezo dun determinado artefacto ou produto non incorpora a inevi-
tábel xeración de residuos que acompaña a calquera proceso de trans-
formación, nin tampouco o esgotamento de recursos finitos, nin a ex-
plotación de traballadores e traballadoras... Así, a base de ignorar o
esgotamento e o deterioro da capacidade de rexeneración da natureza
e ocultando no fogar o traballo de "fabricar e rexenerar" a man de
obra, é como se chegou a construír o dogma intocábel da economía
convencional: o que defende que calquera crecemento económico, in-
dependente da natureza da actividade que o sostén, é desexábel e
constitúe a única forma de garantir o benestar social. Sería perfecto se
non fose porque esa ficción pretende ser sostida sobre uns recursos
fisicamente limitados e sobre o traballo cotián e non libre que realizan
maioritariamente as mulleres nos fogares.
Os procesos de colonización e sometemento doutros pobos, a dis-
poñibilidade de enerxía fósil barata ou os adiantos tecnolóxicos que
permitiron incrementar os fluxos de enerxía e materiais nalgunhas zo-
nas do planeta ás costas do espolio e extracción noutras zonas, foron
algunhas das pancas que permitiron superar os límites que impuña
cada territorio.
Deste modo, algunhas zonas, as denominadas desenvolvidas, puide-
ron superar a súa capacidade de carga e vivir por riba do que lles per-
mitían os seus propios territorios, ás costas do espolio de recursos e
persoas de lugares afastados.
A reconversión da economía baixo unha lóxica ecofeminista implicará
dar resposta a preguntas básicas: que necesidades hai que satisfacer
para todas as persoas?, cales son as producións indispensábeis para
que se poidan satisfacer esas necesidades?, cales son os traballos
socialmente necesarios para lograr esas producións?, como se reorga-
nizan e reparten estes traballos?
0 elemento que introduce un maior desasosego ten que ver coa urxen-
cia. Algunhas das dimensións da crise actual, sobre todo as relacioandas
coa ecoloxía e os recursos, requiren actuacións e transformacións urxen-
tes. De non acometer as transicións en prazos curtos, pode que chegue o
momento en que sexa fisicamente inviábel a reconversión do metabolis-
mo económico para dar satisfacción ás necesidades das maiorías sociais.
Cara á centralidade da vida
Unha noción de traballo
empobrecida e distorsionada
Co nacemento da industria e o proceso de desposuimento do campesi-
ñado xurdiu o proletariado, unha gran masa de persoas sen medios de
produción que, para subsistir, se viu obrigada a vender a súa forza de
traballo aos donos deses medios de produción.
0 traballo pasou a ser concibido como aquilo que se facía na esfera mer-
cantil a cambio dun salario; e todas aquelas funcións que se realizaban no
espazo de produción doméstica, que garantían a reprodución e o coidado
dos corpos humanos e a subsistencia pasaron a non ser nomeadas, aínda
que obviamente seguían sendo imprescindíbeis tanto para a superviven-
cia como para fabricar esa "nova mercadoría" que era a man de obra
(Carrasco, 2009).
0 traballo humano reduciuse ao emprego e a capacidade de traballo,
como potencia do ser, perdeu forza desprazándose o peso cara á esfera
do traballo a cambio de salario, ámbito en que se consideraba que quen
xeraba a riqueza non era a persoa traballadora, senón a persoa emprega-
dora. Prodúcese unha cesión simbólica de poder, de quen ten a potencia
de traballo a quen ten a posibilidade de empregar (Mora, 2013). 0 dinami-
zador da economía pasaba a ser o capital, ao considerarse que este podía
substituír as materias primas e o traballo humano.
A nova economía transformou o traballo e a terra en mercadorías e come-
zaron a ser tratados coma se fosen producidos para a súa venda. A nova
noción de traballo esixiu facer o corpo apropiado para a disciplina do tra-
ballo capitalista (Federici, 2010). O corpo converteuse nunha máquina de
traballo e a súa rexeneración e reprodución non era responsabilidade do
mercado que se desentendeu delas e relegounas ao invisíbel espazo do-
méstico. Alí, fóra da mirada pública, as mulleres vense obrigadas a asumir
esas funcións desvalorizadas a pesar de ser, ditas funcións, imprescindí-
beis tanto para a supervivencia digna como para a propia reprodución da
produción capitalista (Carrasco, 2009).
A produción de vida é unha precondición para a produción mercantil, por
iso, o traballo oculto das mulleres e a explotación da natureza son esen-
ciais para "producir" as propias condicións de produción (Mellor, 2000).
Yayo Herrero
Independencia ou dependencia dos mercados?
0 problema é que a participación no mundo do traballo asalariado, conci-
bido desta forma, é o salvoconduto que permite obter dereitos sociais e
económicos. A posibilidade de cobrar unha pensión, a protección pública
cando non se teñen medios de vida ou o acceso aos servizos públicos
obtense participando precisamente na esfera mercantil da economía, é
dicir, traballando de forma remunerada. Por tanto, todas aquelas persoas
excluídas do traballo remunerado non teñen dereitos sociais e económi-
cos por s¡ mesmas.
Postúlase a existencia dunha especie de suxeito abstracto, "Homo eco-
nomicus',' que decote concorre aos mercados e compite ferozmente cos
demais para satisfacer o seu propio egoísmo. Supostamente é noutros
ámbitos da sociedade, fóra da economía pretendidamente autorregulada e
illada do resto da vida, onde se debe asegurar a equidade e o apoio mutuo.
Paradoxalmente é o espazo mercantil onde a solidariedade, a preocupa-
ción pola satisfacción das necesidades de todos e todas e o coidado da
vida están ausentes; é quen organiza o tempo das persoas e decide como
se ordena o terñtoño. É a lóxica da ganancia a que decide sobre o urba-
nismo, a lei de dependencia, a produción de alimentos ou calquera outro
aspecto que inflúe no benestar da xente.
Podemos imaxinar o resultado deste establecemento de prioridades. Por
unha parte, a invisibilidade da ecodependencia e a interdependencia im-
piden tomar conciencia da inviabilidade dun modelo económico patriarcal
e capitalista que non explote a natureza e o traballo das mulleres nos
fogares Klademais da recoñecida explotación da man de obraE. Por outra,
establécese un concepto de autonomía individual que ignora os paráme-
tros biolóxicos, ecolóxicos e relacionais que sosteñen esa falsa indepen-
dencia e esconde que esa autonomía é, en realidade, dependencia dos
mercados, unhas institucións para as que o benestar das persoas non é
a pñoñdade.
É, nesta orde de cousas, onde a proposta da Renda Básica resulta enor-
memente pertinente, xa que permite desvincular a satisfacción das nece-
sidades persoais particulares do emprego Klque non do traballolEI un ámbi-
to en que a moral está suspendida.
Cara á centralidade da vida
A Renda Básica constitúe así unha proposta que cómpre explorar de
forma decidida. Como calquera alternativa ao actual modelo, non se lle
pode pedir que sexa unha solución integral e única para a complexa e
multidimensional crise que afrontamos. Debe dialogar con outras para
conseguir integrarse coherentemente nun proceso de transicións multidi-
mensionais e complexas.
O inevitábel decrecemento da esfera material da economía
A redución da esfera material da economía non é un principio que se
poida ou non compartir; é máis ben un dato contra o que é inútil e peri-
goso rebelarse. Decrecerase materialmente polas boas -é dicir, de forma
planificada, democrática e xusta- ou polas malas -pola vía de que os que
teñen o poder económico e/ou militar sigan sostendo o seu estilo de vida
ás costas de que cada vez máis xente non poida acceder aos mínimos
materiais de existencia digna.
De asumirmos a existencia de límites do planeta, é obvio que non vai ser
posíbel reactivar un crecemento económico construído sobre as mesmas
bases materiais que o que existiu nas últimas décadas nalgunhas partes
do mundo. Non nos encontramos na sociedade de despois da Segunda
Guerra Mundial, cun poder contrahexemónico ao capitalismo e con fon-
tes de enerxía fósil abondosas e baratas.
Moitas das políticas económicas de corte neokeynesiano que se defen-
den precisan unha elevada achega de enerxía e materiais que xa non
existe, ao menos non existe como para permitir beneficiar as maiorías
sociais. Pensar neste horizonte por forza máis austero no material é unha
obrigación para todos aqueles movementos que pretendan construír so-
ciedades máis xustas e que se poidan soster no tempo.
A Renda Básica permitiría, por un lado, desencaixar a subsistencia da
produción mercantil extralimitada, aínda que cómpre ter en conta que, de
reducirse a dispoñibilidade de enerxía fósil, a medio prazo, faría falta máis
traballo humano para producir o necesario. Por outra banda, a necesidade
de reducir a produción -baseada na extracción de recursos e xeración de
residuos- e o consumo obriga a revisar os cálculos sobre os que se sostén
a proposta da Renda Básica.
Yayo Herrero
Non se pode vivir sen traballar
Habitualmente o concepto de dependencia adoita asociase á crianza e á
atención de persoas enfermas ou con algunha diversidade funcional. Non
obstante, a dependencia non é algo específico de determinados grupos
de poboación, senón que como expón Carrasco "é a representación da
nosa vulnerabilidade; é algo inherente á condición humana, como o nace-
mento e a morte" (Carrasco 2009:178).
Aceptar a interdependencia, condición para a existencia de humanidade,
en sociedades non patriarcais supón que a sociedade no seu conxunto se
ten que facer responsábel do benestar e da reprodución social. Isto obri-
ga a cambiar a noción de traballo e a reorganizar os tempos das persoas
repartindo o emprego remunerado e "obrigando" os homes e a sociedade
a facérense cargo da parte do coidado que lles toca.
Con frecuencia asóciase, de forma errónea ao noso xuízo, a Renda Básica
coa idea de que é posíbel vivir sen traballar. Coa Renda Básica pódese
vivir sen emprego, pero non sen traballar. Os traballos asociados ao coi-
dado da vida humana tomo os relacionados coa participación política e a
democracia^ son inevitábeis e corresponden a todos e todas. 0 problema
é que nas sociedades patriarcais hai amplos sectores da poboación que
non os asomen, malia estaren capacitados para desempeñalos.
A Renda Básica nunha sociedade ecofeminista debe ir acompañada de
políticas de reorganización daqueles traballos que non se poden deixar de
facer e da existencia de servizos sociocomunitarios que garantan que a
lóxica patriarcal dos fogares non vai obrigar as mulleres a seguir realizan-
do estes traballos en solitario.
Unha repartición radical da riqueza
Se temos un planeta con recursos limitados, que ademais están parcial-
mente degradados e son decrecentes, a única posibilidade de xustiza é a
distribución da riqueza. Loitar contra a pobreza é o mesmo que loitar con-
tra o acaparamento da riqueza. Será obrigado, entón, desacralizar a pro-
piedade e cuestionar a lexitimidade da propiedade ligada á acumulación.
Cara á centralidade da vida
A Renda Básica claramente pode contribuír a esta distribución da riqueza
e debe ser combinada con outras medidas que poñan freo á especula-
ción, á acumulación, ao consumo desbocado e á propiedade privada.
É obrigado realizar un exercicio de creatividade nos imaxinarios dun ca-
lado sen comparanza con ningún outro momento histórico (Castoriadis,
2013). Cómpre reinventármonos e colocar no centro da sociedade ou-
tros obxectivos que substitúan a expansión dos beneficios e do consumo
como motores de cambio e non semella que o poder político hexemónico
o vaia facer.
A iniciativa da Renda Básica, como moitas outras que teñen que ver coa
reconversión ecolóxica da economía ou coa distribución da riqueza nun-
has sociedades polarizadas e desiguais, require afrontar a cuestión do
poder. 0 debate sobre o poder, o estado e a autoxestión debe, ao noso
xuízo, tratarse cunha mente moito máis aberta e con menos ideas crista-
lizadas das que houbo até agora. Necesitamos unha importante creativi-
dade política para encarar a gravidade da crise que temos enriba.
depois de viúva
pechava cada tarde
a porta da loja de calzas e meias
de Moanha
e metia-se na casa de banho
achorar
apoiava a cabepa
contra das pernas
e chorava todo
até que a saia rematava por pingar
a sua dor
cada serám a mesma
morte
até que um dia
com as maos enchoupadas em salitre
levantou do retrete
pujo-se fronte ao espelho
e dixo para aquela mulher:
- Pero tu, nom pensas fazere
nada bom da tua vida? Lava a cara,
arreghla-te e anda!
e assim descobriu
que ela própria tinha aforga
para encher de ardume
toda a sua vida
María Rosendo Priego
foram entrando passeninho
fazendo-nos crer que os precisávamos
que sem eles nom seríamos nós
nom seríamos ninguém
e um dia instalou-se
o ódio
nas pupilas com as que olhavamos
para as nossas irmás
e todo o que nos vertebrava
voltou-se umha ameapa:
o monte em mao comum a língua das vacas
as manhás dos sábados a moer no centeio
os pementos deArnoia trazendo o verao
deitar-se co sol e acordar na alborada
ter todos os substantivos para falar-lhe a
terra em bicadas
rastrolhos sachoadas peteiradas
e tantos centos de maos na ceifa
figérom-se só duas
a soidade anegou-nos as artérias
e sem saber como
rematamos por sentir enveja
das maos das nossas vizinhas
das suas unlhas
dos seus peitos e peiteados
das suas casas
dos seus trajes de domingo
e desde a mesma enveja
dixemos de todo aquilo
que era horrível era detestável
e para quando lembramos
que naquilo todo estávamos nós
já nos roubaram
toda sorte
de identidade
agora caminhamos tocas
buscando encolerizadas
algo onde nos poder
agarrar
María Rosendo Priego
A entrada das mulleves na esfera
pública do traballo remunerado non
nos trouxo nin a independencia, nin
a autonomía prometidas e, en canto
á repartición das tarefas de coidados
estamos, como vimos, en proceso de
involución.
INTRODUCIÓN
Os principios da desigualdade
AHcia Alonso Merino
0 sistema patriarcal é un sistema de organización e dominación dos ho-
mes sobre as mulleres nos máis diversos ámbitos: económico, social,
político e cultural, que se asenta entre outros no desigual acceso aos
recursos económicos como a terra, o capital ou o emprego. Isto ocasiona
unha maior pobreza e precariedade para as mulleres, coa conseguinte
limitación da nosa autonomía e liberdade, alén do sometemento a múlti-
ples formas de violencia e da perpetuación da división sexual do traballo.
Como sinala a asociación Economía Crítica da Universidad de Málaga, dentro
desta estrutura social patriarcal, o poder e o control é exercido polo suxeito mo-
ral autónomo no centro do discurso da modernidade que só se recoñece como
ente de razón e, polo tanto, suxeito de dereito: o home heterosexual. Esta
asimetría que coloca os homes heterosexuais por riba das mulleres, de cativos
e cativas, das persoas anciás, de homosexuais, transexuais, bisexuais e outras
identidades de xénero, reprodúcese mediante imposición da heterosexualida-
de delimitando as identidades sexuais. Existe, pois, unha hexemonía hetero-
sexual masculina que domina o resto de categorías: o heteropatriarcado.
0 actual sistema capitalista, baseado no consumo, encontra soporte no
heteropatriarcado, o cal obxectualiza as mulleres, reducíndoas a meros
obxectos para ser "consumidos" polo homes e a realizar tarefas produti-
vas non remuneradas (coidados e traballo doméstico) e reprodutivas (em-
barazo e crianza); labores que, ademais, son menosprezados pero sen os
cales ao actual sistema capitalista heteropatriarcal de acumulación sería-
lle materialmente imposíbel reproducirse e crecer.
Vivimos pois nun sistema económico pervertido -avísanos Amaia Pérez Oroz-
co cando realiza un diagnóstico da crise actual e as respostas desde a eco-
nomía feminista-, que pon o sentido último do económico (a vida) ao servizo
dun interese oposto. Isto inhibe a existencia dunha responsabilidade social na
sustentabilidade da vida e, non obstante, a vida (algunha) ha de continuar, sen
ela non hai nin sequera mercado. E é esa responsabilidade a que se delega ás
esferas invisíbeis do sistema económico.
Rosa Zafra Lizcano
Se comparamos a nivel mundial o traballo remunerado (emprego) co tra-
ballo non remunerado, vemos graficamente un iceberg onde a punta que
sobresae da auga é o traballo remunerado e o resto do enorme corpo é
o traballo non remunerado (de coidados); este último é máis voluminoso,
máis heteroxéneo e máis oculto.
En todo o mundo, o traballo de coidados é realizado maioritariamente
por mulleres, o que reduce de xeito significativo as posibilidades de
incorporación á esfera do traballo remunerado. Isto forma parte da
tradicional división sexual do traballo que cobra un novo sentido nas
nosas sociedades actuais onde a autonomía individual está estreita-
mente ligada á posibilidade de obter recursos económicos a través
do mercado laboral.
A socióloga M a Ángeles Durán foi unha das primeiras en dar a alarma
sobre a invisibilidade dos traballos de coidados nas estatísticas tradi-
cionais e como era subestimado o traballo real das mulleres ao non
se incluír o traballo non remunerado. Ela alertaba de como a maior
fonte mundial de información sobre o traballo era asemade unha
fonte formidábel de ocultación das formas de traballo que non se
axustaban restritivamente ao termo. Así mesmo, alertaba de como a
EPA (Enquisa de Poboación Activa), que tanto utilizamos como guía
de políticas sociais e económicas, se converte nun axente de crea-
Os principios da desigualdade
ción de opinión indirecto ao atribuír a condición de inactivos aos que
non teñen relación persoal directa co mercado laboral, independente-
mente da utilidade social do seu traballo (como é o caso do coidado
da vida). E ponnos un clarificador exemplo: desde a perspectiva da
Contabilidade Nacional, o nacemento dun bebé reduce a renda per
cápita, mentres que a dun año auméntaa. Considérase activo a quen
coida años, pero a persoa que coida meniños ou meniñas sen cobrar
considérase pasiva. Porén, poucas poderán poñer en dúbida que a
xestación e o parto dunha criatura é traballoso, que coidala é unha
ocupación absorbente e que os bebés son aínda máis necesarias a
unha sociedade ca os años.
Malia esa limitación dos datos e estatísticas, queremos mostrarvos
algúns por seren clarificadores de todo o que vimos expoñendo. Al-
gunhas destas cifras foron apuntadas por Carmen Castro García cando
nos presenta como as crises e as políticas de austeridade afectan os
dereitos das mulleres e a igualdade.
Segundo os datos que obtén o Instituto Nacional de Estatística (INE)
de 2012, as mulleres dedican, nun día medio, catro horas e catro minu-
tos a tarefas domésticas e familiares (manutención do fogar, compras,
coidado de fillos/as e persoas ascendentes), o que representa dúas
horas e cuarto máis do que dedican os homes ao mesmo traballo.
En 2013, traballadores que coidan e educan a menores durante unha
hora diaria ou máis son un 29% dos homes fronte a un 59% de mulle-
res.Traballadores que cociñan e fan outras tarefas domésticas durante
unha hora diaria ou máis son o 35% dos homes fronte ao 85% de
mulleres. A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento
Económico (OCDE) constata que a fenda de xénero no traballo non re-
munerado é maior cando existen fillos e/ou fillas menores de 15 anos.
A orientación das políticas de austeridade, en lugares como o Estado
español, está a provocar unha reprivatización dos coidados cara ao
ámbito familiar, reforzando o modelo "familiarista" en que se espera
que sexa a través da solidariedade familiar que se cheguen a cubrir
as necesidades de atención e coidado de quen integra un núcleo de
convivencia. Isto supón novamente unha sobrecarga do traballo de coi-
dados nas mulleres e unha paralización da repartición de dito traballo,
cando non unha involución.
Rosa Zafra Lizcano
0 útimo informe da EPA resulta igualmente revelador, á vez que de-
moledor. 6 millóns de persoas desempregadas (26,02% da poboa-
ción activa), 1 833 700 fogares con todas as persoas integrantes sen
traballo e unha taxa de desemprego xuvenil do 55,1%. Estes datos,
de por s¡ alarmantes, ocultan a incidencia específica sobre as mulle-
res e sobre os homes.
Segundo o índice de Empregos a tempo parcial de 2013, por sexos, as
persoas ocupadas a tempo completo son maioritariamente homes (59%)
e a tempo parcial son maioritariamente mulleres (un 72%), con todo o
que isto provoca en termos de precarización da existencia.
Máis do 70% de quen recibe unha prestación non contributiva é muller e
o importe medio de dita prestación está por baixo do limiar da pobreza, o
cal lles impide desenvolver proxectos vitais autónomos.
E en canto á desigualdade salarial segue sendo outra das características
que define as diferentes condicións nas que mulleres e homes participan
no mercado laboral da UE. A fenda salarial no Estado español coincidía
en 2010 coa media da UE (16,2%) aínda que a súa tendencia mostrou al-
gunha disparidade con respecto á evolución para o conxunto da UE; unha
gran parte da evolución rexistrada explícase máis pola redución do salario
dos homes que polo aumento do das mulleres.
Facemos nosa a crítica realizada desde a economía feminista de que o
precario acceso das mulleres aos coidados (precario ao entender que é un
acceso insuficiente, inestábel e de pouca calidade), a dificultade de ocu-
parse do autocoidado (coa conseguinte pegada de coidados que supón)
e a falta de liberdade para escoller se facilitar coidados ou non, embate
na nosa calidade de vida, na nosa estabilidade, no noso desenvolvemento
emocional e socioafectivo, na nosa participación política e, en definitiva,
na nosa saúde. A entrada das mulleres na esfera pública do traballo remu-
nerado non nos trouxo nin a independencia, nin a autonomía prometidas
e, en canto á repartición das tarefas de coidados estamos, como vimos,
en proceso de involución.
Se, como cuestionan estas economistas feministas, a noso obxectivo
económico e social por excelencia xa non é o "crecemento económico','
nin a produción, nin sequera o emprego ou o consumo, entón... cal é?
Os principios da desigualdade
A nosa proposta da Renda Básica das Iguais (RBis) chega precisamente
até a cerna deste debate, como unha ferramenta que incidiría na distribu-
ción do traballo, especialmente o de coidados, con todo o impacto que
isto tería para a lóxica produtivista do capital.
XUNTAS PODCMOS
RCNDA ItÁSICA DAS IGUAIS, XAI
K i
Y _-|5F -=
■ — ■'"’hSL
jt ^
íúj;
r 1
/vlDfl
V v
i ! 'K Sl . H ! V l*hx s \ tí; l ! S s ^
crasRSBVe FHHwMrSi.
a a TtUtSFGNCUK SOClll
P
_ r * : saafoSlRafKí ."moo a I3h3a' 4 .
*XKas tia parroqua “msto da VscloriaT’ 1
* írAmm S, joéa - vixi
a falta de recursos económicos
derivada do desigual acceso á
riqueza provoca situacións de
dependencia económica que suxeita
a algunhas mulleres ássúas pareüas
maltratadoras, noutros casos, as
necesidades desoster a economía
familiar obrígaas a aceptar
condicións salariais e laborais que
minan a dignidade.
11
, - j i
Adesigualdade das mulleres
ao longo da historia
e a submisión ao patriarcado
Rosa Zafra Lizcano
Aínda que, a estas alturas, resulta reiterativo falar da orixe do patriarcado,
neste caso e atendendo as numerosas voces que escribiron sobre a súa
vinculación coa división sexual do traballo, é algo máis que conveniente
facer este repaso, polo menos neste aspecto.
Sociedade patriarcal. Orixe e desenvolvemento
De entre todas as explicacións sobre a orixe (e como con algunha habería
que quedarse), a que nos ofrece Dolors Reguant en "Explicación abrevia-
da do patriarcado" resúltanos bastante elocuente: «0 patriarcado xurdiu
dunha toma de poder histórica por parte dos homes, os cales se apro-
piaron da sexualidade e reprodución das mulleres e do seu produto, os
fillos e fillas, creando asemade unha orde simbólica a través dos mitos e a
relixión que o perpetuarían como única estrutura posíbel». Como vemos,
esta definición contén os elementos máis característicos do sistema pa-
triarcal: a toma de poder, a apropiación da reprodución que somete as mu-
lleres ao mero feito do parto e o coidado, e a creación dunhas estruturas
que consoliden o referido empoderamento: a relixión e o estado.
Abofé que non sempre a estrutura social se baseou no patriarcado, que-
dan vestixios de descendencia matrilineal e incluso de matriarcado nas
civilizacións de Exipto e Creta. «De feito, séntese a tentación de conven-
cerse de que as primeiras sociedades neolíticas, no que abrangueron de
tempo e de espazo, outorgaron á muller a máis alta condición que xamais
se coñeceu» 1 . Autoras como Casilda Rodrigáñez, seguindo as contribu-
cións de Bachofen e outras investigadoras e investigadores, falan de ma-
trística para se referir a sociedades que se remontan a dez ou doce mil
1. HAWKES e W00LLEY (1977, 225): Prehistoria y los comienzos de la civilización.
Historia de la Humanidad. Desarrollo Cultural y Científico. Tomo 1. Barcelona: Editorial
Planeta, S. A.
Rosa Zafra Lizcano
anos atrás (isto é, uns sete mil anos antes dos catro ou cinco mil que mar-
ca a Historia oficial). Estas sociedades caracterízanse polos principios de
igualdade e liberdade, polo rexeitamento da hostilidade e a belixerancia
e pola cohesión e cooperación entre os seus integrantes. A trama social
destes primeiros grupos humanos estaría fundada no vínculo primario
entre nais e bebés, entre a protección e o coidado deses últimos, o que
daría lugar a lazos de axuda mutua necesarios para dar e conservar a vida.
0 desenvolvemento das civilizacións urbanas ligado á apropiación, acu-
mulación e distribución de bens por parte das incipientes oligarquías ur-
banas vai perfilando unha sociedade apoiada na protección do "tesouro"
por parte dos varóns máis fortes, máis bélicos e, polo tanto, máis "em-
poderados'.' Con todo, non esquezamos que son moitos os factores que
van cedendo espazo a esta modificación dos paradigmas, pois, de feito, o
paso das sociedades politeístas ás monoteístas provoca a submisión das
deusas -en canto figuras mitolóxicas que simbolizaban o rol das mulleres
nestas sociedades-, a un só deus todopoderoso.
Estes múltiples factores únense de tal xeito que encontrar cal deles foi o
que deu orixe ao seguinte xa suscitou moita literatura. En calquera caso,
o resultado foi que desa primitiva división sexual do traballo, atendendo
necesidades puramente naturais e non desexos de opresión dun sexo por
outro, pásase a un estado de división de xénero no que o feminino queda
completamente subxugado polo masculino. Este, o masculino, empoléi-
rase no poder de forma paulatina e chega incluso até o punto de negarse
a alma das mulleres por parte do catolicismo, quen para tal negación bebe
as súas "razóns" nas fontes clásicas. Obviamente non é a única relixión
que fixa os seus tentáculos opresores sobre o feminino, pero siéa que
maior influencia exerceu e exerce sobre a sociedade occidental actual e
a que, ademais, se rendeu ao liberal-capitalismo, teorías ambas as dúas
que souberon desenvolverse en perfecta simbiose respecto á submisión
do feminino.
A Idade Media foi unha época de discusións como a citada acerca da alma
e, por suposto, unha época de persecución das bruxas (mulleres libres que
exercían de menciñeiras co uso de herbas e substancias naturais, grazas a
coñecementos ancestrais transmitidos oralmente de muller a muller). A Ida-
de Moderna supón, ademais, a posta en marcha do "plan" saído do Concilio
deTrento para forzar o matrimonio bendicido pola igrexa, onde a submisión
Adesigualdade das mulleres ao longo da historia...
da esposa é un elemento indispensábel. A chegada da contemporaneidade
supuxo un continuísmo dese "entender a vida" desde a óptica do masculino.
0 capitalismo acentúa a separación entre o público e o privado, forza a en-
tender como centro da vida o traballo remunerado e é este último o que
diferencia a súa propia importancia. Se é remunerado é visíbel, aceptábel
e socialmente recoñecido, por tanto, é masculino fundamentalmente; no
outro lado, o traballo non remunerado, non aceptado, non recoñecido e,
por tanto, realizado tradicionalmente polas mulleres, queda dentro do fe-
minino, susceptíbel de ser oprimido.
A omisión da contribución das mulleres por parte da historia
«A pesar de que, como observamos, as mulleres participaron no mante-
mento da tradición oral e as funcións relixiosas e rituais durante o período
preliterario até case un milenio despois, a privación de educación e o
seu confinamento dos símbolos tiveron un profundo efecto no seu futuro
desenvolvemento. A fenda existente entre a experiencia de aqueles que
podían (ou poderían, no caso dos homes de clase inferior) participar na
creación do sistema de símbolos e aquelas que simplemente actuaban,
pero non interpretaban, foise facendo cada vez máis grande» 2 .
Estas palabras de Gerda Lerner sérvennos para ilustrar como, de certo, a
negación das sociedades a que as mulleres participasen na nova técnica de
transmisión e creación da información vai xerando ese espazo "privado" e
oculto para o feminino, de tal xeito que ao non participaren as mulleres na
construción da historia escrita a súa contribución queda negada, reducida en
todo caso a un protagonismo secundario. As relixións van elaborando os seus
relatos por escrito (se ben a tradición oral non desaparece, tampouco esta
transcende a séculos posteriores, polo que se vai perdendo) e, en consecuen-
cia, o poder simbólico-mitolóxico das deusas vai perdendo forza até chegar
aos monoteísmos patriarcais onde un deus todopoderoso preside a vida e
controla as forzas da natureza e só fai uso da deusa en termos de esposa-nai.
Esta circunstancia vaise convertendo en algo cotián, de modo que non deixa
constancia da participación histórica das mulleres na construción das socie-
2. LERNER, G. (1986): "E1 Origen del Patriarcado" en La Creación del Patriarcado. (Tradu-
ción)
Rosa Zafra Lizcano
dades. Moitas das súas obras van quedando no privado de xeito que é difícil
coñecer se algunha muller dirixiu a Biblioteca de Alexandría ou coñecer os
discursos de mulleres no Senado romano, estudar os seus tratados de mate-
máticas ou astronomía, admirar as súas esculturas, pinturas ou a construción
de edificios deseñados por elas, analizar as súas leis ou (por que non) criticar
as súas decisións políticas. Non é o lugar, nin a nosa intención tampouco,
facer unha listaxe de todas elas, é apenas a necesidade de lembrar unha situa-
ción real. Na rede podemos encontrar páxinas que recordan nomes e feitos,
actualmente sen gran problema grazas ao labor de persoas conscientes disto.
A negación histórica das mulleres (e por extensión do feminino) contribúe
ao distanciamento intencionado entre o público e o privado, que tanta re-
percusión terá na configuración dunha sociedade onde o paradigma que a
preside é androcéntrico ao 100% desde o momento en que -como sinala
Gerda Lerner- o patriarcado impón a «hexemonía masculina dentro do
sistema de símbolos».
Non só a representación social das culturas clásicas magnifican o masculino,
entendendo o antropocentrismo como puramente androcéntrico; dese modo
referiámonos antes ao sinalar as proporcións perfectas en relación ás pro-
porcións humanas masculinas. Como herdeiras destas culturas clásicas, as
culturas occidentais reproducen desde a "intelectualidade" medieval e o inicio
das traducións dos "clásicos" este concepto do mundo, concepto que non é
modificado pola llustración nin polo incipiente liberalismo (que incluso nega
-por omisión- a participación das mulleres no episodio revolucionario francés).
Por tanto, encontrámonos no século XXI con sociedades que alardean de po-
suír leis e normas que facilitan a "igualdade" ao mesmo tempo que miran cara
a outro lado ante situacións de flagrante desequilibrio dos xéneros (fendas sa-
lariais, dificultades económicas, negación de dereitos sexuais e reprodutivos,
perpetuación dos abusos sexuais e sociais por razón de xénero etc., dos que
tampouco escapan persoas con orientacións sexuais moi diversas).
E o que é peor (volvemos lembrar a Gerda Lerner) «as mulleres participaron
durante milenios no proceso da súa propia subordinación porque foron mol-
deadas psicoloxicamente para interiorizar a idea da súa propia inferioridade.
A ignorancia da súa mesma historia de loitas e logros foi unha das principais
formas de mantelas subordinadas» de tal xeito que non só negan o femi-
nismo senón que negan que a linguaxe as visualice. Esta situación de mu-
lleres negando o feminino é froito, pois, desa longa -no tempo- transmisión
Adesigualdade das mulleres ao longo da historia...
dos coñecementos e aquí é onde ía parar a reflexión que ofrecemos e é
que aínda no século XXI nos seguimos encontrando unha narrativa en mas-
culino, unha oratoria en masculino e uns sistemas educativos estatais que
aínda son quen de vangloriarse do mixto e non acadar nin no máis mínimo o
coeducativo, salvo os esforzos que algunhas persoas fan por introducir nos
currículos das súas aulas a contribución histórica de mulleres ao avance
social, cultural, científico, tecnolóxico, artístico e filosófico.
As violencias derivadas, pois, do patriarcado
Para emprender unha explicación sobre o porqué deste apartado, recollemos
dous fragmentos reveladores:
«Hai tempo que sabemos que a violación foi unha forma de aterrorizarnos e
manternos suxeitas. Agora sabemos tamén que participamos, aínda que fose
inconscientemente, na violación das nosas mentes.
U
Cando sae das construcións patriarcais afronta, como sinalou Mary Daly, a
«nada existencial». E, dun modo máis inmediato, ela teme a ameaza dunha
perda de comunicación, da aprobación e do amor do home (ou dos homes) da
súa vida. A renuncia ao amor e catalogar de «pervertidas» as pensadoras foron,
historicamente, os medios de desalentar o traballo intelectual das mulleres» 3 .
«O concepto de virilidade e a liñaxe entronca co concepto de "honor" versus
"virxindade na muller'.'A maioría dos crimes contra a muller teñen esta orixe.
Problemas actuais e universais como son o maltrato ás mulleres e os crimes de
"honor"non se resolverán definitivamente sen extirpar antes a raíz do núcleo
que os orixina.
(...)
A violencia simbólica e estrutural que se transmite na sociedade patriarcal
como "inadvertido cultural" ou "inconsciente colectivo" a través da Filosofía,
os Mitos, as Relixións, a Ciencia... serve para lexitimar a presenza universal
recoñecida das súas estruturas sociais, produtivas e reprodutivas, fundadas a
partir dunha división sexual .» 4
3. LERNER, G. (1986): "E1 Origen del Patriarcado" en La Creación del Patriarcado. (Tradución)
4. REGUANT F0SAS, M ñ . D. (2007): Explicación abreviada del patriarcado. Barcelona.
Rosa Zafra Lizcano
Vemos en ambos os dous fragmentos elementos chave en relación á
violencia (ou violencias) exercida contra as mulleres e o feminino, unha
violencia heteropatriarcal, ademais.
Por un lado, a violencia física, a que resulta máis difícil de ocultar, ob-
viamente. Aínda que se produza no seo da sacrosanta institución fami-
liar (reprodución a pequena escala do sistema social), por moito que
durante séculos se force a considerar que é un problema privado, esa
violencia dá a cara antes ou despois e é a que permite hoxe medir (polas
macabras estatísticas que disto deixan anualmente) o grao de desigual-
dade real.
Así e todo, non podemos esquecer que, entre as violencias físicas fóra
dos fogares, nos encontramos con situacións tales como as violacións
-que algunhas voces da igrexa española ou doutras igrexas atribúen
máis ao modo de vestir das mulleres- producidas nas rúas, nas casas,
nas festas, na vida... E violacións como arma de guerra utilizada desde
o concepto da defensa da súa virilidade e a súa suposta vinculación coa
honra; igualmente o feminino é violentado cando se agride con total
impunidade a persoas homosexuais e transexuais.
Por outro lado, a violencia citada no segundo fragmento: a "simbólica ou
estrutural'.' Esas violencias subxacen no imaxinario cultural das socieda-
des humanas provocando a "normalidade" en determinadas condutas.
0 esquecemento que sinalabamos no apartado anterior é unha das ar-
mas empregadas polo patriarcado para reforzar a idea e convencer as
mulleres para que participen no sostemento deste. 0 que non queda
por escrito, non se ve e o que non se ve, non existe, esta parece ser
a máxima... e así a filosofía, a relixión, a ciencia e a cultura establecen
unha conivencia para xerar o paradigma androcéntrico do mundo, onde
o feminino non ten cabida agás para ser dominado ao servizo do mas-
culino.
Isto enténdese como violencia desde o momento en que para manter
este sistema cómpre perseguir (recordemos a persecución das bruxas
na Idade Media, a conceptualización das Heteras como prostitutas, a
mesma prostitución forzada...) e violentar a mente de quen quere rom-
per as barreiras sociais. A división sexual das persoas foi unha das vio-
lencias máis duras que a humanidade exerceu sobre si mesma e aínda
Adesigualdade das mulleres ao longo da historia...
que moitas ideoloxías falaron sobre a división de clases como algo vio-
lento e inadmisíbel, o feito de que os mesmos seres humanos converte-
sen esa natural separación de tarefas nun método de opresión dun sexo
polo outro, resulta aínda máis inadmisíbel en tanto isto sucede dentro
desas clases oprimidas por outras, o sexo feminino é -naturalmente-
máis oprimido e vulnerábel aos abusos.
Neste sentido falamos de violencias, pero tamén desde o momento en
que analizamos os resultados estatísticos vemos (xa se adiantaba nese
apartado) como nin o mesmo sistema é capaz de obviar a violenta reali-
dade: fenda salarial, diferenzas no acceso aos postos de traballo, dificul-
tade para acceder á independencia económica, falta de corresponsabili-
dade nos coidados e o non recoñecemento nin salarial nin social destes
coidados, control lexislativo das decisións persoais das mulleres etc.
Todo isto nos leva a identificar as situacións nas que as mulleres e o
feminino sofren violencias: a falta de recursos económicos derivada do
desigual acceso á riqueza provoca situacións de dependencia econó-
mica que suxeita a algunhas mulleres ás súas parellas maltratadoras;
noutros casos, as necesidades de soster a economía familiar obrígaas a
aceptar condicións salariais e laborais que minan a dignidade.
Tamén a falta de corresponsabilidade conduce a unha situación de dupla
presenza ou duplas xornadas. Mantéñense obrigadas a exercer os coi-
dados, froito dunha sociedade que non logrou (nin se esforza) romper
coa atávica división sexual do "traballo',' sociedade que, por outro lado,
non valora os coidados na medida que merecen, ao seren estes preci-
samente os que sosteñen a vida das persoas moito máis que os empre-
gos que unicamente sosteñen os donos dos medios de produción e o
sistema por extensión. Ademais, a falta de recoñecemento sociocultural
ocasiona a ausencia de autoestima e a aceptación de situacións vexato-
rias, así como a dificultade á hora de tomar decisións.
Esta é, pois, a realidade á que se ven sometidas moitas mulleres (en
canto ao sexo) pero que é froito da submisión, como xa dixemos ante-
riormente, do feminino -privado, sen valor, sen recoñecemento, oculto-
fronte ao masculino -público, valorizado, recoñecido- que ademais non
só ten o dereito, senón o deber de exercer a virilidade con todos os
medios posíbeis.
diredes liberdade
como se todo estivesse já
conquistado
aguardando um aplauso
nosso
á democracia
mas esses lugares
livres
dos quefalardes
nom gostamos nom nos compreendem
nom nos convencem
por isso seguimos aqui
assomadas
todo o tempo
ao verbo incomodar
María Rosendo Priego
soubemo-nos enleadas polo lenpois
ao acordar o estampido de crianpas
no pátio da escola
lá emfrente da casa
nom podíamos vé-las
mas sentíamo-las
tu nom gostavas nada desse despertador
efomos conhecendo-nos mais
na necessidade das meninhas
nofuturo deste país
mas no meio desses devaneios
fendem os berros os nossos pressupostos
anarquia gutural que colapsa
as nossas gorjas
nom tem sentido seguir afalar
porque já nom nos escuitamos
entregamos-lhes pacientes
o nosso siléncio
e elas
sementes da revolugom
berram como animais selvagens
tecendo aturujos
pornós
María Rosendo Priego
A urxencia de inventar, de soñar,
pareza así unha utopía, un
inalcanzábel - como adoita pasar
cada vez que as sometidas alzan
a voz para enunciar a realidade
na que queren vivir -, maneira
de tocarxa algo do futuro que
queremos construír. E esa aposta
política non pode darse á marxe do
recoñecemento e o compromiso
colectivo coas necesidades e o
benestar das persoas. Calquera
estratexia de resistencia, de
combate ao sistema, terá que
pasar pola preocupación e a
implicación real (e non desde a
solidariedade abstracta) pola
existencia, porsoster a vida.
Renda Básica das Iguais
e Feminismos: puntos de encontro.
e camiños por percorrer!
Maria Puga Fidalgo
by redhope bajo licencia © BY-NC 2.0
«O feminismo está a pasar por aquí», advírtennos os rmuros das
cidades, unha das canles de comunicación máis propias da acción
política subversiva.
Tamén pasou o feminismo polo espazo de coordinación Baladre onde foi
nutrindo flores velenosas espalladas por diferentes territorios, fortalecen-
do a súa resistencia e empeño en crecer até nas condicións máis adver-
sas e de dirixir a súa crítica pezoñenta a este sistema de terror que é o
capitalismo. E desde aquel encontro xa nada foi coma antes.
Maria Puga Fidalgo
Alá polos anos 80, na cidade de Gasteiz, a Asemblea de Paradas iniciou un
longo proceso de loita coma resposta a un contexto socioeconómico e políti-
co marcado polo desemprego, a precariedade, a exclusión e a represión. É aí
onde se comeza a reflexionar sobre determinados temas: a diferenza entre
traballo e emprego, o papel do traballo reprodutivo para o sostemento da co-
munidade ou a división sexual do traballo. Estas foron algunhas das cuestións
sementadas polas compañeiras feministas que arribaran a ese espazo.
Dos intensos debates que tiveron lugar nos encerros e mobilizacións naceu
unha convicción: xa era hora de avanzar da reivindicación do emprego
-sen atender á utilidade social do sector e ás condicións nas que se desen-
volve e sempre baixo a lóxica da competitividade e o sometemento-, cara á
reivindicación dunha vida digna.
Ante a demoledora evidencia, asumida incluso polos xestores do Capital, de
que o pleno emprego xa nunca sería posíbel (nunca o foi para as mulleres
e outras identidades minorizadas, utilizadas sempre coma peza de axuste
para responder á necesidade dos mercados de dispor de man de obra barata
e disciplinada 1 ), era preciso idear algunha forma de garantir unhas mínimas
condicións de vida, con independencia da situación laboral das persoas. Esta
primeira intuición foi bautizada como "Ingreso Social Universal'.'
Estaba plantada a semente da proposta que máis adiante se formularía, primei-
ramente, baixo o nome de Renda Básica e uns anos despois, a fin de diferen-
ciar unha ferramenta de inequívoca vocación anticapitalista doutros modelos
febles, perfilouse como Renda Básica das Iguais.
Uns anos máis tarde, ao achegármonos a postulados da economía feminista,
fomos encontrando nexos comúns e voces que sinalaban a necesidade de
colocar a vida no centro da organización social e da nosa acción política
e que incluso van máis alá ao propor que é o momento de reivindicar «unha
vida que mereza a pena vivir» (Pérez, 2012).
1. Amaya Orozco Pérez sinala que «é imposíbel que exista, porque o emprego (o traballo
de mercados) sempre necesita unha morea de traballo externo ao mercado para se sos-
ter». Citado en "E1 pleno empleo nunca existió" (18/09/2012), Diagonal. Recuperado o 18
de novembro de 2013, de https://www.diagonalperiodico.net/global/pleno-empleo-nun-
ca-existio.html
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
Unha ferramenta para arrincar o dereito a vivir dignamente.
A RBis: obxectivos e definición
Conquistar este e outros dereitos que sirvan para ir cimentando outras
formas de vida máis próximas ao modelo de sociedade que desexamos
e necesitamos parir con urxencia (Iglesias, José: Que é a Renda Básica
das Iguais?).
Só cando teñamos comunidades que se reproduzan a si mesmas de
maneira colectiva, poderán as nosas loitas moverse e orientarse nun
sentido realmente pugnaz fronte á orde establecida. (Federici, Silvia: El
trabajo precario desde un punto de vista feminista).
Cando as persoas de Baladre falamos de RBis, o rmáis importante é situar
politicamente a proposta, ao contrario doutras formulacións dirixidas a pa-
liar os efectos perversos do sistema, e expor a nosa lectura da realidade
e a finalidade que persegue a nosa acción política. Unha realidade ben
nutrida pola diversidade de postulados que recollemos e cociñamos entre
nosoutras e mais con outras moitas persoas.
Así entendemos a RBis, como unha ferramenta que serve para abrir fen-
das no Capitalismo e no seu irmán xemelgo, o Heteropatriarcado; ambos
actúan de xeito sinérxico xerando desigualdade, exclusión, violencia e de-
strución ambiental. Dous son os obxectivos que pretendemos alcanzar: a
curto prazo, distribuír a riqueza para garantir a cobertura de necesidades e
o sostemento da vida; e, a longo prazo, ir creando as condicións necesar-
ias para un proceso de transformación social radical.
0 primeiro dos obxectivos, ao que Iglesias (en Lores, García e Sáez, 2012,
p.51) chamou "principio de emerxencia sociaL,' ten relación non só coa
gravísima situación de precariedade vital e exclusión que padecen amplas
capas da poboación, senón tamén coa advertencia política que nos fai
Federici (2010, p.7): ningún movemento pode sobrevivir se non se intere-
sa pola reprodución dos seus integrantes. No texto publicado na revista
Sin Permiso, esta autora feminista argumenta que non só nos enfronta-
mos ao capital no momento das manifestacións, senón que o facemos
colectivamente e en todo momento das nosas vidas. De aí a necesidade
de inventar formas grupais de reprodución social. Ou noutras palabras,
Maria Puga Fidalgo
poñer na axenda as necesidades das persoas e buscar solucións de como
satisfacelas, asumindo «a nosa responsabilidade individual e colectiva
non só no sostemento da vida, senón en como nos organizamos para
facelo» (del Río, 2013) sen perpetuar a división sexual do traballo e desde
a óptica da sustentabilidade do planeta.
A necesidade de ir gañando terreo aos mercados e construíndo espazos
de autonomía, relación e organización que sirvan para desenvolver hab-
ilidades e xerar condicións de participación e loita co fin de contñbuír a
impulsar procesos emancipadores, responde ao "principio de esperanza"
(Bloch, 2006, citado en Iglesias, 2012, p. 52). Este é o segundo obxectivo
que perseguimos na nosa loita contra o capitalismo e cara a unha socie-
dade sen clases nin xerarquías.
Polo tanto, entendemos a RBis como unha ferramenta que permite,
mediante a creación dun novo dereito de cidadanía baseado na vida
humana con dignidade, o recoñecemento e o exercicio real de dereitos
e, polo tanto, a seguridade e liberdade efectiva para todas as persoas.
Fronte á demagoxia da dereita ultracatólica respecto á protección da vida
-sempre en abstracto, como potencia, e nunca despois como queda dem-
ostrado a través das políticas de recortes que levan aplicando en todos
os sectores, incluídos tamén os de atención á infancia- nós defendemos
a urxencia de garantir a existencia das persoas que xa están aquí, neste
mundo. Feito que, nunha economía de mercado e até que transitemos
cara a outro modelo de sociedade, require dispor de euros para satisfacer
unha boa parte das nosas necesidades.
Alén diso, sostemos que estamos ante unha proposta que promove a
participación social mediante a redistribución da renda. Trátase, en de-
finitiva, dunha ferramenta política para abrir vías cara a unha sociedade
alternativa ao capitalismo.
Polo tanto, a RBis defínese como o dereito que ten cada persoa, so-
amente polo feito de nacer, a percibir unha contía periódica para
cubrir as súas necesidades materiais. 0 que distingue esta proposta
doutras de corte máis reformista son as seguintes características (elab-
oración propia a partir da descrición realizada por Iglesias, Sáez, García,
García e Zafra, 2012):
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
INDIVIDUAL: non é a familia, senón a persoa, individualmente, a
titular do dereito. A persoa como suxeito da igualdade.
UNIVERSAL: alén de ser non contributiva, é para todas e cada
unha das persoas, sen ningún motivo de exclusión. Igualdade
ante as condicións.
INCONDICIONAL: non está suxeita á participación no mercado de
traballo, nin tampouco o nivel de ingresos xustifica ningunha dis-
criminación. Igualdade ante as esixencias.
CONTÍA/EQUIDADE: a contía a percibir será, equitativamente, a
mesma para todas as persoas, con total independencia da idade,
condición física, psíquica ou intelectual, ingresos, situación laboral
ou cotización, procedencia ou situación administrativa no Estado
español etc. A contía mínima a percibir será definida polo limiar de
pobreza 2 . Igualdade ante a contía a percibir.
FONDO SOCIAL, ASIGNACION E PARTICIPACIÓN: Da contía total
da RBis que recibirá cada persoa, un 80% será percibido de forma
directa e o outro 20% irá constituír o Fondo da Renda Básica (FRB).
Dito fondo dedicarase a financiar os bens e servizos públicos (sani-
dade, educación, vivenda, transporte, equipamentos e servizos para a
atención da infancia, a terceira idade ou para persoas con necesidades
especiais etc.) definidos e xestionados pola comunidade. Á hora de
distribuír a parte do FRB destinado á mellora destes bens e servizos,
todas as persoas teñen o mesmo dereito a intervir e decidir no debate
para tal asignación. Igualdade de participación e decisión.
2. Na formulación técnica da proposta, elaborada por José Iglesias Fernández, adóptase
a definición da Unión Europea para medir a pobreza das persoas de forma individual en
vez de empregarse para as familias. De acordo con esta definición, o limiar da pobreza
está determinado pola metade da renda per cápita. Onde esta variábel macroeconómica
non está publicada acostúmase empregar a metade do PIB per cápita. No caso de medir e
comparar a pobreza das familias dos diversos Estados que compoñen a Unión Europea, a
variábel que se emprega é o IPREM, que corresponde ao 60% do salario mínimo interpro-
fesional (Iglesias, J. en Lores, García e Sáez, 2012: 39).
Maria Puga Fidalgo
Ademais, a prol de ir gañando espazo ao mercado para a sat-
isfacción das nosas necesidades e o fortalecemento da trama
comunitaria que require calquera proceso de transformación
social radical, a proposta da RBis prevé o incremento paulatino
da porcentaxe destinada ao FRB. É dicir, que a contía dirixi-
da ao fondo común (inicialmente, un 20%) deberá tender ao
100%, mentres que a porcentaxe percibida por cada persoa de
forma directa (de partida, o 80%), deberá ir reducíndose até se
aproximar ao cero. Con isto estamos apostando por un proce-
so que nos permite ir xerando as habilidades e as condicións
para satisfacer as necesidades do conxunto da comunidade
facendo que a economía de mercado deixe de regular as rel-
acións sociais.
REFUNDICIÓN: o proceso de substituír a maioría das
prestacións actuais, sometidas á lóxica da contraprestación,
o control e os atrancos burocráticos, pola RBis acabará con-
seguindo que todas as persoas gocen uniformemente deste
novo dereito de cidadanía. Igualdade equitativa.
DESDE A BASE SOCIAL: todo cambio social debe arrincar
desde abaixo. A mobilización para a consecución da RBis debe
facerse coa participación e a articulación de persoas e move-
mentos sociais, de abaixo cara arriba, nunha relación de igual-
dade.
Entón, en que pode contribuír a RBis ás loitas feministas?
Máis alá de que no ADN da RBis -que non é pouco!- haxa unha carga
viral feminista, nos últimos anos estamos dedicando esforzos para
identificar a(s) contribución(s) desta ferramenta ao movemento femi-
nista -desde a diversidade que o caracteriza- na súa loita contra todo
tipo de opresión. Isto non sería posíbel sen as achegas das persoas
con que fomos compartindo obradoiros e discusións.
Malia que ao longo do anterior apartado xa fomos avanzando algúns
dos nexos que identificamos entre a proposta da RBis e os postula-
dos feministas, tócanos agora esmiuzar as conclusións que fomos
elaborando durante a confección da trama entre ambas loitas.
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
Tal proceso ten para nosoutras unha grande importancia, xa que as
persoas de Baladre sempre sostivemos que a RBis é unha proposta
máis e que o seu carácter transversal facilita a discusión e inclusión
na axenda programática de diferentes movementos sociais. Nese
sentido entendemos que a proposta achega un horizonte estratéxico
de loita contra a lóxica produtivista do capitalismo e todo o marco
de valores no que se sostén. Todo o contrario que outras propostas
de corte máis reactivo e inmediato, tal e como apuntan as activistas
feministas Chus, Ruth e Sua (2013) na súa denuncia contra os efec-
tos perversos da cultura da "emprego-normatividade"
Precisamente ese elemento estratéxico coincide cunha das dúas d¡-
mensións que, ao noso ver, dan conta dos cruzamentos entre a RBis
e os postulados feministas. Por outro lado, a dimensión pedagóxica
non só posibilita situar moitas das cuestións que se foron desenvol-
vendo ao longo da historia do movemento, senón que proporciona
unha oportunidade para debater e chegar a acordos sobre cales son
as nosas necesidades reais, para preguntármonos que significa vivir
ben e como debemos organizarnos socialmente, rompendo cos es-
quemas de opresión e desigualdade que implica a división sexual do
traballo co fin de garantir unha vida digna, plena e feliz para todas as
persoas.
Para a xente de Baladre o feminismo fo¡ un ingrediente decisivo no
caldo do que nos nutrimos para cociñar a proposta da RBis e, na ac-
tualidade, móstranos que hai que ir máis aló do discurso da supervi-
vencia. Vexamos que é o que pode, baixo o noso punto de vista e con
base nas discusións e obradoiros que fomos desenvolvendo, achegar
a proposta da Renda Básica das Iguais ás loitas feministas.
A dimensión estratéxica
Xa sinalamos que a RBis é unha ferramenta destinada a crear condi-
cións para procesos de transformación social. Que o obxectivo a
longo prazo é arrebatar ao mercado e ao emprego os espazos de
relación, autoxestión, cooperación, seguridade e participación nece-
sarios para que se poidan ir cambiando conciencias e artellando von-
tades.
Maria Puga Fidalgo
Entendemos que este postulado estratéxico entrecrúzase cun ele-
mento significativo dentro do amplo repertorio que abrangue a acción
política feminista: fronte ás estratexias de masas, as estratexias de
formiguiñas 3 , xa que a tarefa de desmontar o heteropatriarcado re-
quire un cuestionamento e unha rebeldía no cotián.
É problematizando «as cuestións que sempre se sinalaron como
"persoais',' privadas e propias das catro paredes dos fogares onde
vivimos» [como por exemplo, cales son os nosos desexos e necesi-
dades e de que maneira e baixo que consecuencias -sociais e ambi-
entais- podemos satisfacelos] o modo en que se van «constituíndo
como espazos políticos e de transformación colectiva todos os espa-
zos nos que transitamos», clarifican as compañeiras da agrupación
feminista anticapitalista arxentina Las histerias, las mufas y las otras
(2009, p.7). Un cambio persoal significativo no colectivo, porque
-sabémolo grazas ao feminismo- «o persoal é político».
Unha das conclusións á que chegamos, após poñer en común a nosa
experiencia en dinamizar unha morea de charlas e obradoiros sobre a
RBis, é a diferenza que supón levar a proposta, as súas consecuen-
cias e posibilidades, ao contexto da propia vida. Velaí a importancia
das preguntas: Cambiarían as nosas vidas coa implantación da
RBis?, que fariamos ou deixariamos de facer?
Corroboramos que proxectar a aplicación e o debate da proposta no
plano persoal é clave á hora de desarmar os prexuízos e dogmas
ideolóxicos que a miúdo operan cando estamos ante novas formu-
lacións. Non obstante, é sobre todo un motor de cambio individual,
de toma de conciencia, de discusión de moitos aspectos e eleccións
vitais que parecen inamovíbeis, se non afinamos a nosa capacidade
crítica e vontade de cambio de paradigma; e con isto a apertura de
horizontes e posibilidades nas formas de accionarse social e politi-
camente.
3. Un agradecemento ás compañeiras Paz Caínzo e Marta Casal polas reflexións e apren-
dizaxes orixinadas no obradoiro dinamizado por elas nas Xornadas de Economía Feminis-
ta, celebradas en Arteixo (A Coruña) o pasado ano.
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
Asumimos, pois, que a perspectiva integral (corpos, afectos, desexos,
relacións e coidados, alén dos aspectos intelectuais), a importancia
das necesidades, a busca de solucións creativas aos problemas que
nos afectan, a ruptura da segmentación entre o espazo público e o
privado, o acto de cuestionarse aquilo que se asome como natural
("sempre foi e sempre será así"), a visualización das tarefas de coi-
dados e a vinculación entre a macro e a micropolítica; todos estes
elementos, están presentes tanto na perspectiva política feminista
coma no postulado estratéxico que adoptamos na proposta da RBis.
Mais, como elemento común tamén está a necesidade de experi-
mentar con novas fórmulas de construír desde a diferenza (sen per-
der o norte ideolóxico nin a radicalidade do discurso), de asumir que
hai moitos camiños posíbeis e non só unha vía inequívoca e central,
se partimos do suposto «xuntas a algures, soas a ningures», en pala-
bras do compa Manolo S. Bayona.
E, sobre todo, facer visíbel todo aquilo que o sistema quere ocultar:
o empobrecemento, a exclusión, a doenza e a dor en que viven moi-
tísimas persoas. Non só agora cando a crise capitalista xa leva anos
con nós, arrastrando cada vez máis sectores de poboación a unhas
condicións de miseria, senón tamén nos anos de bonanza do chama-
do "estado de benestar" A xente de Baladre concordamos coa for-
mulación feminista de que o que non se nomea non existe e levamos
anos apostando por facer visíbel a pobreza e a precariedade, pero
non só iso, mediante ferramentas como os puntos de información
sobre dereitos sociais ou a RBis tratamos de expor as causas que
xeran a realidade de desigualdade social, a violencia e a devastación
ambiental na que vivimos.
Sostemos que, debido a estes elementos comúns que fomos sina-
lando, a proposta da RBis pode servir para fortalecer a estratexia
de acción do feminismo. Alén diso, cremos que contribúe ao impul-
so dunha cultura política baseada na cooperación, o apoio mutuo e
o recoñecemento do rol central que deben asumir as necesidades
humanas, así como os afectos e coidados, en calquera proxecto de
transformación.
Maria Puga Fidalgo
A dimensión pedagóxica
A RBis, desde a nosa lectura, é unha ferramenta potente á hora de co-
locar na axenda de diferentes colectivos sociais e sectores de poboac-
ión, cuestións e debates que veñen traballándose desde o feminismo e a
economía feminista.
Deseguido trataremos polo miúdo algúns destes temas. Moitos deles
son xa clásicos na análise feminista da economía e da organización so-
cial, aínda que seguen sendo descoñecidos para moitas persoas alleas ao
movemento malia o seu potencial á hora de cuestionar a orde estableci-
da. 0 mesmo pode dicirse da súa capacidade xeradora de propostas para
a construción de escenarios alternativos, onde primen a xustiza social, a
solidariedade e a igualdade na diversidade.
Máis alá do emprego... rompendo o iceberg
para facer emerxer os coidados
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
A RBis cuestiona o papel central que xoga o emprego no marco capitalista ao
destacar a súa incapacidade para garantir unhas condicións de vida digna e en
liberdade.
Esa idea crúzase cos postulados da economía feminista, que critica a con-
sideración do mercado/traballo asalariado como elementos privilexiados na
análise económica clásica. Este enfoque obedece a unha visión androcéntrica
da ciencia económica que obvia as actividades desenvolvidas na esfera privada
ou noutras esferas nas cales non media un intercambio monetario (voluntario,
traballo comunitario etc.), aínda cando é evidente que producen benestar. Pero
ademais estas actividades somerxidas na lóxica dos mercados e do emprego,
tamén contribúen a crear riqueza, máxime se ampliamos a vista e recoñece-
mos todos os procesos, bens e servizos que de forma indirecta participan na
produción, tema que trataremos máis adiante.
A economía feminista veu revelar que, froito da estrutura social patriarcal, as
relacións de xénero conectadas a outros eixes de poder e opresión (clase, et-
nia, identidade ou orientación do desexo etc.), atravesan o sistema económico
dando lugar a unha pugna entre dúas lóxicas contrapostas. Por un lado, a lóxica
do Capital e os mercados que se rexe polos intercambios monetarios e opera
baixo o principio da acumulación de beneficios; por outro lado, a lóxica dos
coidados, que ten como finalidade soster a vida, satisfacer necesidades e xerar
benestar (Del Río e Pérez, 2004). Para ilustrar este conflito emprégase a metá-
fora do iceberg: o sistema sostense grazas ao continente somerxido e invisíbel
dos coidados, que garante a produción e o funcionamento dos mercados.
Así, tanto a proposta da RBis como os postulados feministas destacan a dif-
erenza entre emprego e traballo, considerando que neste último se encadran
unha serie de actividades que se executan fóra do mercado e que son de plena
utilidade e valor social.
Estes traballos, chamados "coidados" 4 , producen bens e servizos necesarios
para a supervivencia e o benestar, moitos deles son practicamente de im-
4. Optamos por nomear as actividades dirixidas a soster a vida como "traballo de coida-
dos", en lugar de traballo doméstico (porque estas actividades nin sempre se desenvolven
nesa esfera) ou "traballo reprodutivo" (porque escollemos romper coa asociación entre as
referidas tarefas e a función -atravesada por un forte corte bioloxicista-reprodutivo das
mulleres).
Maria Puga Fidalgo
posíbel satisfacción no mercado, como a regulación e a seguridade emo-
cional, a socialización, os afectos etc (Carrasco, 2011). Polo tanto, exceden
a satisfacción de necesidades que permiten a subsistencia biolóxica e
vincúlanse tamén con tarefas encamiñadas a desenvolver e manter o noso
aparato emocional e relacional, dese xeito repercuten na calidade de vida,
autonomía, afectividade, comunicación, relacións ou participación social.
0 sistema capitalista benefíciase de todas esas habilidades, cuxo desen-
volvemento é cargado sobre as persoas que historicamente, por mor da di-
visión sexual do traballo, asumiron as tarefas de coidados, isto é, nosoutras,
as mulleres, co fin de dispor de man de obra preparada para alimentar as
necesidades do mercado laboral.
Boa proba disto é o programa de medidas que están levando a cabo, no
actual contexto de crise, os gobernos neoliberais baixo os ditados da troi-
ka e das institucións financeiras. Estes aséntanse, por un lado, no recorte
do gasto social e o desmantelamento de servizos públicos á vez que se
destinan inxentes recursos para rescatar as empresas e a banca. En para-
lelo desenvólvense políticas e discursos -mediante potentes campañas
propagandísticas auspiciadas por lobbies ultraconservadores e medios de
comunicación afíns- dirixidos a promover a maternidade e a enxalzar o "rol
feminino" como garante dos coidados. Vemos como, unha vez máis, ante
unha situación de crise sistémica, a saída pasa por adxudicar ás mulleres
a responsabilidade sobre o coidado do conxunto da poboación e, así, per-
petúase a opresión de xénero e increméntase unha débeda histórica de
dimensións incalculábeis. Débeda que, no caso das mulleres do sur global,
se suma ao débito ecolóxico contraído con estes países, xa que en materia
de coidados, igual coa sobreprodución e utilización da natureza, o capitalis-
mo heteropatriarcal tamén funciona mediante o espolio e a externalización
dos custos.
Así é como a demanda de traballadoras migrantes para os coidados, as tare-
fas domésticas e o traballo sexual vén incrementándose paulatinamente
carrexando unha crecente feminización dos fluxos migratorios. Os cam-
bios sociais e a precariedade dos coidados no norte, unidos aos efectos
perversos que as políticas neoliberais xeran nos países "periféricos',' son
as causas que explican que unha cadea de coidados atravese o planeta.
Mulleres que se enlazan coma elos, desde posicións de poder asimétri-
cas, para que non se derrube o edificio capitalista patriarcal. Nos últimos
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
anos, ante a diminución económica que veñen experimentando os fogares,
as condicións laborais para estes sectores estanse a degradar aínda máis
e, en consecuencia, agrávase a situación de vulnerabilidade, inseguridade
xurídica e violencia estrutural que sofren as mulleres migrantes e repercute
ineludibelmente nos coidados e condicións de vida nos países de orixe.
Entendemos que a RBis, articulada cunha batería de medidas, como re-
quire calquera problema de gran calado, pode ser beneficiosa á hora de
recoñecer que máis alá do emprego necesitamos as tarefas de coidados
para manternos cunhas condicións de vida axeitadas e saudábeis. Dese
modo, a ferramenta podería colaborar a colocar a vida con dignidade e as
necesidades humanas no centro do debate e a acción política.
Tamén a consideramos unha proposta útil para reclamar e lograr unha repar-
tición dos traballos de coidados (chegando máis alá da clásica, aínda que
sempre renovada, reivindicación da distribución do traballo como sinónimo
de emprego), que contribúa á promoción da corresponsabilidade e a dar pa-
sos cara á implicación do conxunto da sociedade na satisfacción das nosas
necesidades.
Ante os discursos que destacan o temor de a Renda Básica das Iguais apun-
talar a división sexual do traballo e cristalizar as mulleres no rol de coidadoras
abnegadas, parécennos atinadas as palabras de Carolina del Olmo (2014).
A autora do libro e do blog homónimos ¿Dónde está m¡ tribu?, remarca o
desconcerto que supón considerar o paso polo mercado de traballo -someti-
do ademais a unha forte retracción na actual etapa de capitalismo globaliza-
do e sen perspectiva de que isto se poida reverter-como medio preferente
para a independencia económica e a liberación das mulleres. E incluso va¡
máis alá ao cuestionar a participación no mercado de traballo como unha
incontestábel vía de satisfacción e emancipación, polo que se pregunta:
(...) se resulta que por obra e graza da imaxinadón institudonal encontrámonos
cunha ferramenta nova que garanta o obxectivo da independencla económica
(e faino, por certo, con moita maior intensidade e fiabilidade que o mercado de
traballo: 27% de paro, lembran?), onde está o problema? Se algunhas mulleres
queren aproveitar a renda básica para safr do mercado laboral e ir para as súas
casas a coidar dos seus fillos, a coidar das súas estúpidas unllas ou a tocar a
guitarra e comer plátanos deitadas nunha hamaca, cal é o problema???
Ha¡ xa anos desde que algunhas voces feministas comezaron a
Maria Puga Fidalgo
sinalar a necesidade de impugnar a premisa de que o traballo,
calquera traballo, sexa a vía para a emancipación humana, e tamén a
das mulleres. «0 traballo non deixa de ser traballo, xa sexa dentro ou
fóra da casa. (...) A escravitude da liña de ensamblaxe non é a forma
de liberarse da escravitude do vertedoiro da cociña» (Dalla Costa,
1971, p.19).
Antes e agora o gran desafío á hora de revolucionar o heteropatriar-
cado capitalista segue sendo atopar estratexias e programas de loita
que «á vez que liberen as mulleres da casa, eviten, por unha banda, a
dobre escravitude e, por outra, que nos impidan chegar a outro novo
grao de control e réxime capitalista» (ídem).
No debate sobre o papel do traballo asalariado na autonomía das
mulleres, así como na inevitábel reorganización social ante un colap-
so sistémico cada vez máis evidente, precisamos facernos preguntas
sobre a utilidade social dos diferentes sectores produtivos. Porque
cuestionarnos sobre o proceso de produción en s¡ mesmo é clave
para parir un novo modelo enfocado na satisfacción das necesidades,
a calidade de vida, o benestar e a sustentabilidade ambiental.
O salario: mecanismo de participación nos mercados
e a acción disciplinar capitalista que non garante
a sustentabilidade da vida 5
Desde a economía feminista vén sinalándose desde hai tempo que
os salarios non garanten a cobertura de todas as nosas necesidades.
Aínda que o paradigma hexemónico desexe facernos crer que cos
salarios se reproduce a forza de traballo necesaria para alimentar a
roda da produción capitalista, a realidade é que o sistema transfire os
custos de reprodución aos fogares. Dese modo, aprópiase de xeito
oportunista da plusvalía de xénero, determinada pola división sexual
do traballo, co fin de asegurar o proceso de acumulación.
Carrasco (2011) sinala que nos fogares se producen bens e servizos
5. "Sustentabilidade da vida" é unha expresión acuñada por Carrasco (2001).
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
necesarios para a supervivencia e o benestar das persoas. É nesta
esfera onde se organizan e xestionan as posíbeis contribucións (cada
vez máis escasas nestes tempos de afiadas tesoiras) que poidan
derivar do sector público, en actividades relacionadas coa educación,
a sanidade ou a atención de necesidades de coidado específicas.
Pero ademais, subliña a subxectividade que caracteriza os coidados,
polo que, aínda no caso de que o mercado fose capaz de dispor da
cobertura de todo tipo de necesidades, algunhas persoas non se sen-
tirían satisfeitas cunha resposta mercantil, xa que elementos como
os afectos ou a solidariedade están presentes de forma ineludíbel ao
falarmos de coidados.
Así pois, os salarios -que ao igual ca os empregos, son un ben cada
vez máis escaso (e máis reducido e inestábel) para amplas capas da
poboación- soamente garanten a disposición de recursos para satis-
facer determinadas necesidades a través do mercado, é dicir, o con-
sumo. E nin sequera iso é seguro, pois aínda estamos a experimentar
unhas reducións salariais e unha precarización laboral cada vez máis
brutais, que provoca que a realidade das traballadoras e traballadores
pobres sexa cada vez máis patente no escenario estatal e europeo.
En todo caso, nin sequera se tivésemos os medios económicos sufi-
cientes poderiamos ver satisfeitas algunhas das nosas necesidades,
xa que «os recursos necesarios para vivir non dependen fundamen-
talmente dun emprego e un salario; senón que teñen que ver cunha
enorme estrutura de redes familiares, sociais, culturais e políticas»
(Del Río, 2013). Por tras da lóxica do consumo, da produción e da
acumulación, quedan unha serie de actividades non remuneradas nin
recoñecidas socialmente que día a día aseguran a vida.
Ao ser o salario un mecanismo limitado á hora de satisfacer necesi-
dades e un ben cada vez máis escaso e insuficiente, como pode
seguir sendo o elemento central na organización das nosas vidas?,
como poden ser o emprego e os salarios as vías para o recoñece-
mento do dereito a vivir dignamente? Estas reflexións lévannos ao
imprescindíbel debate sobre cales son as nosas necesidades e como
nos organizamos para satisfacelas dunha forma xusta e equitativa.
Mais, mentres avanzamos nestes debates cómpre garantir polo menos
Maria Puga Fidalgo
as condicións materiais e básicas para a supervivencia e ir creando es-
pazos para a colectivización e a repartición da responsabilidade sobre os
coidados. Para iso, entendemos que é preciso remunerar e recoñecer
as actividades ocultadas pola lóxica mercantil e dotar as persoas dos in-
gresos suficientes para que poidan levar unha vida digna.
En definitiva, xa é hora de transitar do paradigma do salario ao paradigma
dos dereitos e da vida con dignidade e plenitude.
A produción social da riqueza e a apropiación da plusvalía de xéne-
ro como motor do sistema
Como xa tratamos nunha das epígrafes anteriores, a pesar de que o dis-
curso económico hexemónico o queira ocultar, hai un forte nexo entre os
traballos dos coidados e a produción capitalista, mecanismo a través do
cal o sistema despraza os custos e a responsabilidade do mantemento da
vida cara á esfera doméstica co fin de asegurar os seus beneficios.
Para producir riqueza a clase propietaria aprópiase de recursos, que son
de natureza colectiva, para os seus fins individuais e de enriquecemen-
to. En contraste co que nos trata de inculcar a perspectiva económica
dominante, os procesos de traballo e a produción de riqueza son de
incuestionábel natureza social. Iglesias e outras (2012, p. 28) clarifican
que tales procesos non son de índole individual xa que «non só intervén
na produción a traballadora ou o traballador ocupado na súa xornada lab-
oral. Hai toda unha cadea de produción que é sistémica». Nesta case
participan «os coñecementos, a educación, a saúde, a tecnoloxía, as in-
fraestruturas» e, por suposto, os traballos de coidados.
Non obstante, o PIB e demais indicadores económicos non reflicten o
peso dos bens e servizos xerados polos traballos de coidados. Bens e
servizos que, como xa expuxemos, van máis alá da lóxica utilitarista e pro-
dutivista, xa que cumpren a función de satisfacer necesidades e manter
as persoas en condicións axeitadas e saudábeis.
Se estes traballos xeran riqueza e benestar para a comunidade, as per-
soas involucradas nestas tarefas (que potencialmente poderían ser to-
das se rompemos coa histórica división sexual do traballo e, polo tanto,
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
coa naturalización de ditas tarefas como propias dunha suposta “condi-
ción feminina”), deberían poder acceder aos recursos económicos que
contribúen de forma indirecta a producir, con independencia a un núcleo
familiar etc. Queda claro, pois, a inxustiza que supón o feito de que o
recoñecemento dun dereito tan básico como é o dispor de ingresos eco-
nómicos suficientes para garantir unhas condicións de vida digna se fagan
en función do emprego ou a cotización.Tal modelo provoca deixarfóra un
enorme continxente de persoas e, concretamente de mulleres, que se
encargan acotío de asegurar que a sociedade poida seguir adiante.
Neste debate -porque falar de carácter social da produción de riqueza é
falar dos bens comúns- é interesante achegármonos ao tema do comu-
nal. Nos últimos anos dito concepto está gañando espazo na elaboración
teórica e na axenda política dos movementos sociais, aínda que goce xa
dunha longa tradición de prácticas desenvolvidas en diferentes lugares do
mundo e momentos históricos.
Como nos advirte Federici (2013), o sistema, mediante institucións con-
cretas do capitalismo planetario e grandes grupos empresariais, tratou de
tirar proveito dos comúns. Quer sexa para salvagardar os seus intereses
estratéxicos en espazos de gran valor baixo o disfrace de "gardiáns do
planeta',' quer sexa porque se decataron das vantaxes que en determina-
dos casos supón a xestión colectiva fronte á privatización, o certo é que
as referidas institucións veñen tratando de apropiarse do discurso dos
bens comúns.
Aínda así, e a expensas de que os grupos capitalistas desenvolvan formas
intelixentes e efectivas de combater a tendencia do sistema a fagocitar
discursos e experiencias, hai que recoñecer que os comúns foron e se-
guen sendo unha estratexia de resistencia ante o acaparamento da vida
e a natureza por parte dos poderosos e un modo colectivo de satisfacer
necesidades. E, en calquera delas, as mulleres temos moito que dicir de-
bido a que o capitalismo patriarcal nos asigna, á vez, un lugar subalterno
no acceso aos recursos e un lugar preferente na atención aos coidados.
0 certo é que na tradición de loita polo común as mulleres tiveron sempre
un papel incontestábel, tanto na defensa da terra, a auga e os montes,
como á hora de ensaiar a colectivización das tarefas de coidados, co fin
de «economizar os custos reprodutivos e para protexerse mutuamente
Maria Puga Fidalgo
da pobreza, da violencia estatal e da exercida de maneira individual polos
homes» (Federici, 2013, p.251).
Abundan exemplos de iniciativas no mundo e nos diferentes terri-
torios do Estado español, moitas coa participación de persoas bal-
adrinas. Comedores populares, hortas urbanas, centros de día para
nenas e nenos, corralas de vivendas e mesmo os puntos de infor-
mación sobre dereitos sociais son algunhas das experiencias de so-
cialización de recursos -en xeral moi escasos- e saberes dirixidos a
satisfacer necesidades e manter a vida da comunidade nas mellores
condicións posíbeis.
Mais os comúns tamén constitúen a semente dun novo modelo de pro-
dución e reorganización dos coidados. Unha produción que asuma o
carácter integral dos procesos, que reconecte os procesos de produción,
reprodución e consumo superando a visión segmentada e binaria que nos
imbúe o pensamento económico hexemónico, que supere a propiedade
privada e que se organice en clase da utilidade social e da minimización
do impacto ambiental e humano dos bens e servizos.
Paralelamente toca reflexionar e ensaiar outras formas de satisfacer
as necesidades de coidados, que deixen de ser onerosas e limitadoras
para unha parte da poboación, mais tamén que permanezan á marxe da
dinámica mercantil. «Crear formas de reprodución que nos permitan re-
sistir fronte á dependencia do traballo asalariado e á subordinación ás
relacións capitalistas» (ídem).
De atendermos a esas premisas, implicando a toda a comunidade no
arranxo dos coidados e colocando as necesidades vitais no centro, inev-
itabelmente veriamos sucesivos e importantes cambios no modelo de
produción e na organización da sociedade.
O fondo da RBis: espazo de consenso sobre
as nosas necesidades e camiño cara a unha comunidade disidente
A cuestión das necesidades é, ao noso parecer, outro punto de encontro
entre o enfoque feminista e a proposta da RBis. Cales son as nosas nece-
sidades? Que significa vivir ben e con dignidade? Xa introducimos algúns
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
elementos nos epígrafes anteriores, non obstante, cremos pertinente
afondar un pouquiño máis.
Falar de necesidades supón recoñecer, por un lado, que estas son
heteroxéneas e que abranguen tanto os aspectos máis próximos á
dimensión biolóxica ou material -alimentación, aseo, restitución de
saúde, acompañamento educativo etc.-, como aqueles vinculados á
esfera subxectiva ou inmaterial como son os afectos, sociabilidade,
autonomía, relación co corpo e sexualidade, entre outros (Del Río e
Pérez, 2004). Estas autoras subliñan o feito de ambas dimensións for-
maren unha amálgama no sentido de que «non se poden comprender
por separado» (p.5). De feito, as tarefas de coidados, incluso cando
son remuneradas, "profesionalizadas" e dirixidas a atender necesi-
dades de tipo biolóxico, de algún modo e nalgunha medida cumpren
coa outra dimensión. 0 que demostra a complexidade de empregar
criterios asociados á produción e ao mercado a este tipo de traballos.
Con esa natureza multidimensional tamén se relaciona algo que xa for-
mulamos: a dificultade dunha satisfacción plena de necesidades pola
vía mercantil e o feito de que participen moitas máis actrices e acto-
res sociais nese proceso (redes familiares, de afinidade, comunitarias,
achegas do sector público etc.).
É pertinente, ademais, reflexionar sobre a diferenza entre necesidade
e desexo xa que este último ten unha relación complexa cos límites:
fronte a uns desexos ilimitados sempre se van encontrar recursos ou
condicións de satisfacción escasas ou insuficientes. É clara a ligazón
desta concepción do desexo co paradigma produtivista apoiado na
publicidade e sen arranxo aos límites da natureza. «(...) os desexos son
o terreo da elección, da liberdade, da civilización e a cultura» (Pérez,
2004, p.105). Ao mesmo tempo as necesidades remítenos á dispoñib-
ilidade dos recursos; «que, onde e baixo que circunstancias» (p.106).
0 anterior conduce ao postulado de que as necesidades non son asép-
ticas, senón que asomen formas concretas en cada contexto histórico
e sociocultural, polo que reflicten estruturas e relacións de poder. Es-
tas reflexións lévannos ao ineludíbel debate sobre cales son as necesi-
dades, como nos organizamos para satisfacelas dunha forma xusta e
equitativa e que é para nós o benestar e a calidade de vida.
A aposta por crear un Fondo Común da RBis (pois, de ser aplicada
Maria Puga Fidalgo
esta ferramenta, acumularía o 20% do ingreso que sería asignado a
cada persoa) fomentaría este debate no seo de cadansúa comuni-
dade, cuestionando a vixente lóxica de satisfacción (e produción) de
necesidades polo mercado e transferindo a súa cobertura do ámbito
individual, mediante transaccións monetarias, ao colectivo. Ao incor-
porar na proposta o mecanismo de que o 80% do ingreso individual
tenda a cero e que o 20% tenda a cen, tratamos de apostar decidid-
amente pola implicación comunitaria na satisfacción de necesidades
e por arrebatar os coidados aos mercados.
Unha vez máis é interesante centrármonos no debate sobre os
comúns e concretamente na bagaxe das mulleres no desenvolve-
mento de experiencias e loitas polos intereses comunais e a satis-
facción colectiva de necesidades. Federici (2013, p.253) sinala que
un dos trazos característicos destas experiencias é que «encer-
ran unha identidade colectiva, constitúen un contrapoder, tanto no
terreo doméstico como na comunidade, e abren un proceso de au-
tovaloración e autodeterminación». Ademais funcionan como labora-
torios de construción de intereses comúns e na xeración de redes de
apoio mutuo.
Para as persoas de Baladre, desde a nosa experiencia na acción co-
munitaria e en moitas iniciativas de colectivización de recursos, sa-
beres e coidados, nestes espazos de construción común é onde po-
demos desaprender unha cantidade de valores e prácticas labradas
na nosa subxectividade polas ferramentas disciplinares do sistema e
onde podemos desenvolver novos repertorios.
Na mesma dirección están as propostas que fai Pérez (2012) para de-
sprazar os mercados das nosas vidas e xerar escenarios sociais onde
os coidados e o benestar sexan protagonistas. Esta autora coloca a
necesidade de detraer recursos da lóxica da acumulación do Capital
para poñelos a funcionar baixo criterios de democracia e xustiza so-
cial onde a prioridade sexa cubrir as necesidades das persoas e xerar
calidade de vida. É dicir, vida digna, plena e en liberdade. Alén dos
recursos económicos, mediante reformas fiscais e outras medidas,
sinala as terras, bosques, servizos e, por suposto, os coidados como
elementos que debemos gañarlle ao mercado.
O Fondo Común da RBis é proposto coma un espazo de participación
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
e toma de decisións por parte da comunidade acerca de onde e como
se invisten os recursos que son de todas. En definitiva, abre fendas
e alimenta o camiño cara á democracia directa, mais tamén desen-
volve unha nova cultura política e unha experiencia comunitaria que
nos foron despoxadas á maioría de nós.
O paradigma de cidadanía androcéntrico e liberal é unha falacia!
Reconceptualizar un novo marco de dereitos inclusivo,
integral e universal
«Fannos ter que merecer o dereito a vivir» era unha das conclusións
ás que se chegaba nun dos grupos cos que compartimos os talleres
sobre feminismo e RBis a respecto da lóxica capitalista.
0 certo é que a meritocracia esconde a vontade de sometemento do
sistema e un marco de dereitos totalmente baleiro de sentido ao care-
cer dos medios materiais para exercelo. Baixo esa premisa, os dereit-
os convértense en obrigas (un claro exemplo é o consagrado "dereito
ao traballo"), ao non estar garantida a liberdade de exercicio, ou ben,
convértense nun artificio retórico formal para seguir apuntalando a
desigualdade.
Combater ese mecanismo de inxustiza e estratificación social é o com-
etido do núcleo ético da proposta da RBis. Cometido que reside en
reivindicar a construción dun novo dereito de cidadanía, que sexa o
que cada persoa dispoña, sen ningún tipo de condicionalidade; dos
medios para cubrir as súas necesidades e vivir con dignidade, a fin de
garantir así a seguridade e a liberdade efectiva. Trataríase de propor-
cionar a base material para poder exercer todos os demais dereitos
(Iglesias, 2011).
Os postulados feministas van máis alá ao criticar o cariz androcéntrico
do paradigma de cidadanía, sustentado nun imaxinario de autosuficien-
cia, liberdade e dereitos individuais. Pérez (2006, p.29) sinala que dito
marco de cidadanía -propio do estado de benestar liberal-democrático
de posguerra- se asenta na «figura do suxeito fetiche da llustración, o
home branco, heterosexual, occidental, burgués, sen discapacidade».
Esta figura normativizada, caracterizada por falsos supostos de au-
Maria Puga Fidalgo
tosuficiencia e liberdade, en realidade sustentados por toda unha
cadea de traballos e coidados non recoñecidos, representa a óptica
dun paradigma económico que desarticula as esferas de produción e
reprodución. Así, o sistema fai invisíbeis, ao tempo que se beneficia,
as contribucións desta última esfera e xera un relato socialmente
asumido sobre a independencia masculina.
Este relato resulta, a todas luces, ficticio posto que a división sex-
ual do traballo e a conseguinte socialización diferencial de xénero
ocasionou un patrón de comportamento masculino marcado polas
poucas ou nulas competencias nas tarefas de coidados, incluído o
autocoidado. A consecuencia é a "dependencia funcional" (Carrasco,
2011) respecto ás mulleres, tanto na atención de necesidades cotiás
de subsistencia como na emocional.
Mais, sobre todo, o que deixa entrever ese imaxinario é a ruptura coa
satisfacción de necesidades e o benestar humano, así como tamén
co respecto pola natureza. Desde a prepotencia, o sistema desdeña
a interdependencia como trazo inapelábel da - e non só - condición
humana.
Nese sentido é interesante reflexionar sobre a estigmatización que
sofre a concepción de "dependencia" asociada a unhas relacións
de asimetría de poder onde unhas persoas coidan e outras reciben
coidados.
Pola contra, recoñecer a interdependencia como propia da nosa
condición de corpos vulnerábeis e finitos que «nos obriga a saír fóra
de nosoutras mesmas, debuxando unha subxectividade do aberto»
(López, 2013) é asumir a necesidade de coidados mutuos que temos
todas durante toda a nosa vida e non só en momentos específicos.
Pero este recoñecemento é ademais a vía para soster a cooperación
entre as persoas co fin de satisfacer necesidades e lograr obxectivos
colectivos.
Esta concepción entronca coa necesidade de distribución da renda
-xa que todas participamos na produción da riqueza- e a busca da
xustiza social. Asumir a interdependencia e a necesidade da coop-
eración para manter a vida achega unha importante potencia á loita
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
e á acción política afastada de imaxinarios vangardistas, de "revolu-
cións instantáneas armamentísticas" como o denunciou no seu día o
movemento Riot Grrrls 6 .
Mais tamén abre a porta ao pensamento e á elaboración de novos
marcos de cidadanía máis inclusivos e integrais. Neste sentido, é
interesante mencionar a proposta formulada por Precarias a la Deriva
(2005) (citado en Pérez, 2006) sobre a noción de cidadanía. Esta non
trata de establecer «un status para os suxeitos a partir da posesión
de dereitos», mais alértanos sobre a conveniencia de «construír no-
vas formas de vida social e política» baseadas na interdependencia
e a vulnerabilidade nas que os coidados e a sustentabilidade da vida
sexan protagonistas. Este paradigma alternativo permitiríanos es-
capar do apertado xustillo da división sexual do traballo e, polo tanto,
da cristalización dos roles de xénero impostos polo heteropatriarca-
do, así como da referencialidade da familia nuclear como espazo de
satisfacción das necesidades de coidado.
Elaboracións como a da cidadanía aliméntannos a seguir defendendo
a urxencia de afondar no debate sobre o actual marco de dereitos,
cada vez máis debilitado e, na súa maioría, dereitos simplemente
formais dos que quedan excluídas unha gran cantidade de persoas.
Entendemos que a proposta da RBis, e concretamente o seu princip-
io ético, fundado na dignidade humana e, polo tanto, nas condicións
para soster a vida decote, representa un punto de encontro entre os
postulados feministas e a base teórica da RBis.
É a condición do ser humano, caracterizada pola fraxilidade, a
vulnerabilidade e a interdependencia, o elemento xerador do dereito
de ter cubertas as nosas necesidades e acceder a unhas condicións
de vida saudábeis e plenas, xa que «o concepto de benestar non
abonda. A reivindicación é agora a felicidade» (Dalla Costa, 2004: 6-7,
citado en Pérez, 2006).
A independencia económica como estación de saída
6 . En http://radiotlc.blogspot.com.eS/p/manifiesto-riot-grrrl.html pódese atopar unha
tradución do seu manifesto fundacional.
Maria Puga Fidalgo
cara á autonomía e o afastamento
da familiar nuclear-radioactiva
Falamos no epígrafe anterior sobre a falacia do concepto de cidadanía
liberal-burguesa-androcéntrica, representada por unha suposta inde-
pendencia e liberdade, mais que, en realidade, está edificada sobre a
opresión e a apropiación do traballo das persoas que se encargan do
continente oculto dos coidados.
Pero ademais de falaz, por menosprezar a necesidade de coidados
mutuos que temos todas, tal paradigma é, en calquera caso, estreito
xa que os dereitos e liberdades individuais que propugna son goza-
dos unicamente por unha pequena parcela da poboación. A partici-
pación no mercado de traballo asalariado, ou ben a pertenza a un nú-
cleo familiar, son as condicións de recoñecemento de dereitos como
as prestación por desemprego, a incapacidade, a viuvez e, incluso,
a asistencia sanitaria. A vinculación do recoñecemento de dereitos a
calquera destes supostos é unha limitación da liberdade e da auto-
determinación da vida das persoas que a RBis busca dar resposta.
Neste sentido é obrigado mencionar algo que é amplamente estuda-
do e asumido polo conxunto do movemento feminista: o rol que xoga
a familia nuclear-heteronormativa como institución patriarcal por ex-
celencia encargada das tarefas de disciplinamento e control social. A
familia heteropatriarcal convértese a miúdo nun espazo de violencia
e atentado contra a autonomía, os proxectos e expectativas vitais e
a liberdade afectiva e sexual das persoas. Isto é aínda máis acusado
no caso de termos unha identidade ou orientación sexual disidente
da norma establecida.
Neste escenario de crise multidimensional, o efecto da diminución
de ingresos e o desmantelamento dos servizos públicos que antes
suplían parte das necesidades de coidados redunda nun incremento
da dependencia respecto ao núcleo familiar.
Cristina Carrasco (2012) comenta que tal situación conduce a que
haxa parellas que sigan convivindo malia non desexalo, feito que se
corrobora pola redución do número de divorcios e separacións, e aler-
ta sobre a intensificación da tensión e a violencia contra as mulleres.
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
Aínda que as cifras (certamente un recorte demasiado plano da re-
alidade, pero neste caso útil para complementar a nosa análise) de
mulleres asasinadas e de denuncias diminuíran en 2013 con relación
aos anos anteriores 7 , diferentes voces sosteñen que dito decrece-
mento non se debe a un retroceso do terrorismo machista, senón á
maior dependencia económica e vulnerabilidade á que se ven expos-
tas as mulleres. Os recortes producidos nos, xa insuficientes, dis-
positivos dirixidos a dar resposta á violencia machista agravan aínda
máis esta situación.
A violencia económica tamén se asaña coas identidades e corpos
minorizados. Especialmente preocupante é o impacto da violencia
estrutural sobre as persoas transexuais, expostas a unha maior dis-
criminación e desigualdade no acceso ou mantemento do emprego.
Iso fai que moitas veces o traballo sexual sexa a única opción para
a obtención de ingresos, aínda que as dificultades no mundo lab-
oral sexan unha realidade que afecta a todo o colectivo de lesbianas,
gays, trans e bisexuais. Sobre todo, no caso das persoas novas, col-
ectivo onde as cifras de desemprego superan o 50%, as barreiras
para independizarse son evidentes, así como os obstáculos que tal
situación de suxeición económica e material supón para a realización
dun proxecto vital e afectivo-sexual, libre e pleno.
Por todo o anterior, o feito de a RBis asignarse de forma individual,
recoñece e promove a autonomía, a capacidade de elección e a se-
guridade das persoas á marxe dos vínculos familiares. Mais, sobre
todo, permítenos explorar outros modelos de convivencia e relación,
redes máis extensas de coidados e afectos que cuestionen e supe-
ren o opresivo marco da familia nuclear heteronormativa co fin de dar
pasos cara ao tramado comunitario que precisamos.
7. DÍAZ, P. / FLOTATS, A.: «Los efectos de la crisis falsean los datos de violencia de géne-
ro», Público. Recuperado o 18 de novembro de 2013, de http://www.publico.es/actuali-
dad/482244/los-efectos-de-la-crisis-falsean-los-datos-de-violencia-de-genero
Maria Puga Fidalgo
A modo de conclusión: Non lle rendemos culto ao traballo!
Por unha sociedade ao servizo da vida e non dos mercados!
Até aquí chegamos no noso intento de entretecer os fíos entre os postu-
lados feministas e a proposta da Renda Básica das Iguais. Un labor arte-
sanal que comezamos hai moito e que fomos fortalecendo nos últimos
anos grazas ás achegas, interrogantes, críticas e ilusións de todas aquelas
coas que fomos compartindo este bordado colectivo.
Como xa aclaramos no limiar, con este traballo a nosa intención non é
outra que a de seguir nutrindo o debate sobre como organizar as nosas
vidas á marxe do mercado; por unha banda, a través da busca de formas
colectivas, xustas e sustentábeis de satisfacer as nosas necesidades e
demandas de coidados e, por outra, a través da resistencia ao secuestro
dos nosos bens comúns (materiais e inmateriais) e das nosas potencial-
idades, resistencia á chantaxe do emprego e das relacións capitalistas.
Abrir espazos para a exploración e o desenvolvemento de elementos que
a lóxica capitalista despreza ou mercantiliza, mais cuxo valor imos, aos
poucos, (re)descubrindo, lexitimando e tomando nas nosas mans: tem-
po, descanso, autocoidado, sexualidade, relacións, cultura, recreo, par-
ticipación...
Ao situar a interdependencia, base fundamental para o apoio mutuo, e a
vulnerabilidade, evidencia da nosa condición fráxil e finita, como dimen-
sións centrais, xeramos espazos de relación que nos permiten ir discutin-
do e asumindo as contradicións e os interrogantes que supón facernos a
evocativa e posibilitadora pregunta: a que se parece a vida que desexa-
mos e temos dereito a vivir?
Porque, ao contrario do que nos queren facer crer, a vida xa a temos
gañada. É o momento de romper coa engrenaxe meritocrática, individu-
alista, competitiva e servil. Porque cada día somos máis as que nos de-
catamos de que a vida de suxeición que nos queren impor os secuaces
do capitalismo heteropatriarcal non é vivíbel, de feito, a miúdo, non é nin
soportábel.
É por isto que a urxencia de inventar, de soñar, pareza así unha utopía, un
inalcanzábel -como adoita pasar cada vez que as sometidas alzan a voz
Renda Básica das Iguais e Feminismos...
para enunciar a realidade na que queren vivir-, maneira de tocar xa algo
do futuro que queremos construír. E esa aposta política non pode darse á
marxe do recoñecemento e o compromiso colectivo coas necesidades e
o benestar das persoas. Calquera estratexia de resistencia, de combate
ao sistema, terá que pasar pola preocupación e a implicación real (e non
desde a solidañedade abstracta) pola existencia, por soster a vida.
Para iso non hai un único camiño, senón unha multitude de pequenos
vieiros por explorar. Colocar a vida é colocar a vulnerabilidade no centro e
iso conduce á necesidade de enchoupar tamén -d¡ Silvia López Gil (2013)-,
a nosa acción política deste concepto, asumindo que «non o sabemos
todo, nin o podemos todo». Trátase de ensaiar posíbeis respostas, de
xerar contrapoderes desde a lóxica do proceso, a participación e a auto-
nomía.
Esperamos pois que este material, en cuxa confección bebemos da ela-
boración teórica e dos pensares e sentires de moitas mulleres e per-
soas admirábeis, ás que desde aquí agradecemos polo seu empeño en
contribuír á superación do kapital killer 8 , avive (nas prazas, nas casas e
nas camas) o lume do debate sobre como facer que a vida, os coidados,
os amores e os praceres se convertan en categorías centrais nos nosos
proxectos políticos e sociais.
Non poderiamos despedirmos sen facer visíbel e agradecer a toda a tra-
ma de relacións de diversa índole e que de varias maneiras nos proveu de
coidados, mecos, apoio e atención mentres nos dedicabamos a elaborar
este traballo, porque sen ela nos sería imposíbel sacar tempo e enerxías
das nosas vidas precarizadas para esta tarefa.
Esta experiencia, así como en tantos outros momentos vitais, é a proba
do inapelábel papel dos traballos dos coidados para todo, e calquera, pro-
ceso de produción e o argumento para seguir loitando por desenvolver
propostas que garantan a retribución social e económica á que porxustiza
teñen dereito cada un dos elos desta cadea.
8. En referencia ao poema «Porque non ésó o idioma que está ameazado» de Chus Pato (en
m-Talá, Vigo: Xerais, 2000).
nuncasoubo
que tinha voz própña
que tinha
umha língua
parafalarde seu
a história
nunca
nosfijo justiga
claro que de pouco valia
que alguém Iho dixesse
se continuava aterecida
presa do medo
da sua
liberdade
dixeram-nos que já nom
se estilava
o ser solidárias
masfoi na rebeldia da mulher
vizinha
onde descobriu a sua própria
opressom
a partir daquela
deixamos de acreditar
nofuturo
e compreendimos que a meta
era o presente
que já somos muitas
que já somos alguém
María Rosendo Priego
desta terra
desfeita
saiu a argila
precisa
para sermos nós
a mais fermosa história
que jamais conheceremos
Galiza oleira
María Rosendo Priego
Asina a folla de denuncia social
para esixir ao Concello e á
Xunta que cumpran coa súa obriga
de garantir este dereito.
Co objíecüva de denunciar 0 crecen te empobnecemento qué estamos
a padecer en Coka e na cldade, asf comc «sixlr ás admlnlstracédns que
cumpran coa súa obriga de garanlir que Eadas. vivamas con dignidade
sen que sexan vulnerados os nosos deneitos tundamenlais.
Eiaboramos un Instrumento para levar a cabo esta denunda por meciio
cfa prescntación masiya dun escrito exencendo o dereilo dc pelicicn
peranle as admmistracións públicas con competencia en mateia de
serviios soclals (Xunta e Conceliol; escrito onde quen aslna eKpAn a
síluación sociooconOmica e famiiiar c solicita a implantanción dunha
Fenda Básica que permila satislacer can dignidade as necesidades
básioas.
Axúdanosii
Queremos devolver o que te roubamos I
Queremos
es,
is Fiscaís,
A RBis é un instrumento que ten dous
obxectivDs: a curto prazo, redistri-
buir as rerdas dos que máis tenen
nesta societíaüe para aquelas per-
soas que máis a necesttan; m segun-
do, de lonQQ prazo, é o de translor-
mar o sistema desde parámetros de
equidade e Nustiza social.
Se quenen, hai cartos
para que Vivamos
Dignamente.
¿Que é A RBis?
Voces feministas
VOCES DESDE CdA
Como pasar de usuaria a persoa sen morrer no intento
Por Beatriz Lorenzo Caamiña
Non me identifico coa palabra "usuaria" coa que me etiquetan nos servizos
sociais aos que por desgraza tiven que recorrer por primeira vez hai catro
anos. Son unha persoa. Son unha muller. Unha muller que topou de fronte
na súa vida co rostro cruel da precariedade, do empobrecemento, da exclu-
sión social da que tantas veces se fala desde a frialdade dos números, dos
datos estatísticos. Unha muller que, en medio dunha situación vital moi dura,
comezou a buscar saídas e tivo a sorte e a valentía de unirse a outras per-
soas que tamén sufrían a escaseza de recursos económicos para compartir
xuntas os seus problemas, para denunciar xuntas as causas dos mesmos
e a falta de respostas por parte das administración públicas, e para buscar
alternativas que nos permitan vivir unha vida digna.
Moito choveu desde entón. E non resulta doado dar conta de todo o proceso
vivido desde que entrei a formar parte da Oficina de Dereitos Sociais de Coia
(ODS-Coia), pero unha cousa s¡ teño clara: desde entón, desde a primeira
vez que me acheguei buscando axuda (aquel paso foi moi difícil polas duras
circunstancias nas que nos atopabamos a miña familia e mais eu) até agora
moitas cousas cambiaron para min e tamén para as persoas coas que pasei
pouco a pouco a compartir o día a día e as loitas.
Non é que a nosa situación non siga a ser mo¡ dura. Non. Seguimos padecen-
do as graves consecuencias de non ter recursos suficientes para cubrir as
necesidades básicas e para vivir dignamente, seguimos facendo o imposible
e dando voltas e máis voltas para conseguir pagar o aluguer, os recibos ou
simplemente para comer..., seguimos a atopar unha e outra vez o silencio ou
o "non hai cartos" por parte de quen ten a obriga de garantir os nosos derei-
tos; pero a diferencia está en como nos sentimos hoxe: persoas con dereitos
e con forza para esixir que eses dereitos sexan respectados. Xa non esta-
mos soas e iso marca a diferencia. Porque compartir os nosos problemas en
grupo, tomar conciencia de que se trata de problemas sociais que afectan a
Voces feministas
moitas persoas, reflexionar sobre as súas causas, poñernos a idear formas
de denunciar publicamente a inxustiza que padecemos e buscar alternativas
conxuntamente para o día a día..., dános forzas e fainos menos vulnerables.
Xa non estamos soas, xa non nos sentimos pouca cousa, ou mesmo nada,
fronte aos poderes que unha e outra vez queren convencernos de que a cul-
pa é nosa, de que non sabemos ou non queremos, de que os nosos proble-
mas pouco teñen que ver con eles, de que non son responsables e de que
non temos dereito a esixirlles unha resposta inmediata e xusta...
Tiven a desgraza de coñecer o mundo da exclusión social desde dentro,
porque me tocou, porque lle tocou á miña familia: a miña experiencia cos
servizos sociais foi e segue a ser moi dura. Acudín a eles buscando unha
resposta á precariedade e á escaseza de recursos económicos que afoga-
ba á miña familia e as respostas, cando as houbo, foron sempre parciais e
absolutamente insuficientes. Con frecuencia sentín que era xulgada; sentín
indiferenza, desprezo, rexeitamento; sentín que, ante os meus problemas, as
respostas eran trabas e máis trabas...
Por circunstancias da vida vinme na obriga de acudir en 2010 por primeira vez
á administración coa esperanza de atopar unha saída ao que se nos viña enri-
ba: un desafiuzamento. Xa me vía na rúa con tres fillos, era unha persoa rota
e afundida, e cheguei coa esperanza de atopar unha axuda nun momento
desesperado, pero pola contra o que sentín foi que se pechaba outra porta.
Todas as miñas expectativas do que ía atopar ao acudir aos servizos sociais
cambiaron radicalmente tras ese primeiro contacto. A teoría me dicía que
alí atoparía solucións, en primeiro lugar para o inminente desafiuzamento.
Pero a realidade era outra e batín contra ela dun xeito cruel. En todo caso,
o máis duro non foi verme na rúa, o máis duro foi comprobar que non era
dabondo para a administración que eu demostrara que a miña familia carecía
de recursos económicos para facer fronte a aquela situación e ao día a día;
o máis duro foi, en definitiva, constatar que eu era un número e que carecía
de dereitos...
A única resposta ese día (ademais de deixarme claro que non había unha
vivenda social para min, que non tiñan ningunha solución ante o desafiuza-
mento e tampouco ante a falta de recursos para as necesidades básicas,
e que non me quedaba outra que buscarme a vida) foi que me achegara á
ODS-Coia na Parroquia Cristo da Vitoria para ver como me podían axudar. A
Voces desde Coia e Santander
administración non cumpría coa súa obriga de garantir os meus dereitos
básicos nunha situación crítica e a única resposta real que me daba era
que acudira a un colectivo comprometido coa realidade da exclusión e a
xustiza social. Eu non entendía nada, pero me acheguei... E aí comezou
outra historia e ese encontro coa xente da ODS foi o único bo que saquei
aquel día da miña primeira visita aos servizos sociais municipais.
Na oficina tiven a oportunidade de comprobar que o que me estaba a oco-
rrer era tamén a realidade que sufrían moitas outras persoas e familias;
atopei información e me acompañaron para dar os primeiros pasos para
atopar saídas, alternativas para a rmiña vida; pero tamén confirmaron algo
máis importante: tiña e teño dereitos coma persoa, dereitos que han de
ser respectados e garantidos (tamén e, en primeiro termo, polas adminis-
tracións públicas), dereitos polos que paga a pena loitar...
0 que comezou así, coa miña visita puntual os días de atención da ODS
en busca de información e axuda, foi dando paso a xuntanzas quincenais
onde persoas con situacións moi semellantes á miña, sempre moi duras,
compartiamos o que nos estaba a acontecer, analizabamos as causas e
buscabamos conxuntamente o xeito de reclamar os nosos dereitos bus-
cando solucións reais para os problemas persoais e colectivos. Pouco a
pouco, case sen decatarnos, estabamos dando a luz á "asemblea dos
martes',' como agora a coñecemos.
Nese camiño que alí comezaba, en paralelo a esa experiencia de ir orga-
nizándonos e compartindo loitas, tiven que volver en varias ocasións aos
servizos sociais, sempre pola falta de traballo e de recursos económicos.
Tiven que solicitar axudas de emerxencia para facer fronte ao aluguer,
aos gastos de alimentación ou aos de subministración... Poucas veces
obtiven ditas axudas puntuais e case sempre tiven que buscar solucións
noutros espazos...
Os últimos tempos foron duros tamén no persoal e familiar, pois tiven que
solicitar a RISGA. Os meses e meses que hai que sobrevivir con ingresos
cero desde que a solicitas até que finalmente é concedida (ou non) son un
atranco dificilmente salvable e moi cruel, sen que haxa ningunha alternati-
va real por parte dos servizos sociais. E por fin, cando xa a tes concedida,
experimentas nas propias carnes que a contía é totalmente insuficiente
para facer fronte ás necesidades máis elementais.
Voces feministas
Está claro que o camiño está cheo de atrancos e de inxustizas, e que ás
veces parece que non ha¡ saída... Non é doado. Non, pero agora temos a ex-
periencia de que é menos difícil se o facemos conxuntamente. Hoxe en día,
no medio dos atrancos e das dificultades, non esquezo que son unha persoa.
Nunca mais me recoñecerei no termo "usuaria'' por moito que pretenderan
impoñermo desde a administración. Somos persoas con dereitos, persoas
que teñen como meta vivir dignamente e que van construíndo alternativas e
conseguindo paso a paso ser donas das súas vidas.
VOCES DESDE SANTANDER
Conversacións dunha tarde calquera
Por Sara Rodríguez e Virginia Prieto
• A primeira vez que oín falar da Renda Básica pareceume unha idea que
solucionaba case todos os problemas cos que nos encontramos acotío e
saín entusiasmada. Logo, veu ler sobre ela e poñerse a traballar. Aí choquei
coas persoas que lle puñan trabas; non o entendín e non entendo que non o
vexan coma min.
• Porque creo que é algo visceral, ou te entra de primeiras ou te sitúas en
contra coma se fose un problema. A diferenza está entre quen quere un
parche e quen quere un cambio real da sociedade.
Voces desde Santander e Guipúscoa
• Pois non se¡, eu non vexo máis que vantaxes. Hoxe, cando despedimos
a David, o primeiro que pensei é que se el tivese unha Renda Básica non
tería a necesidade de irse a Holanda cunha "BolsaTraballo" por catrocentos
euros e pico e "traballar"; estaría aquí contribuíndo co moito que sabe. Iso
é o que me pasa desde que coñezo o concepto de Renda Básica, sempre
penso «pois se tivésemos iso sería así ou doutra maneira», non vexo máis
ca vantaxes.
• Pois s¡, se a tivésemos non perderiamos a xente que nos achega cousas,
sobre todo, humanamente. Eu, por exemplo, deixaría o emprego. Sempre
pensei que "tiña" que traballar porque como muller, tiña que demostrar que
eu era capaz de valerme por min mesma e agora penso que a Renda me
daría a autonomía suficiente para facer outras cousas que me retribúen máis,
alén de poder gozar da túa xente, fillas, amiga, nais, pais ou de t¡ mesma.
• Claro, alén de... por que mirar as nubes está mal visto? Cando encontro
momentos para non facer nada, ao final, son os máis produtivos porque pen-
so con máis claridade, non estou suxeita a horarios, obrigada a ter que facer
unha proposta ou ter unha idea marabillosa para un día concreto porque nese
día ha¡ unha reunión ou o que sexa. É absurdo.
• Si, pero quedan moitas dúbidas e moito camiño para isto. Nada, a seguir
pelexando por conseguila.
VOCES DESDE GuiPÚSCOA
A RBis «un bo punto de partida para unha ruptura»
Por ZialdoKA
Desde que coñecemos a existencia deste proxecto, soubemos que sería
interesante incluír as voces das persoas que traballan no proxecto Aukera.
Aukera é un programa da Asociación Arrats de Guipúscoa cuxa liña de tra-
ballo radica no apoio ás persoas que deixaron de exercer a prostitución mais
tamén ás que continúan exercéndoa. Desde esta asociación teñen claro que
o primeiro son as persoas, por iso salientan que non é casualidade que o
significado de Aukera en castelán sexa -elección-.
Voces feministas
A sintonía non podía ser maior. Dadas as súas pretensións como colecti-
vo, unha delas é «a mellora da calidade de vida das persoas que exercen a
prostitución, a sensibilización da sociedade acerca desta realidade social, o
apoio dos dereitos deste grupo, o fomento da solidariedade mutua dentro do
propio colectivo», polo que nos parecía máis oportuno incluír algunhas consi-
deración que nos puidesen achegar desde a súa experiencia.
0 seu coñecemento da Renda Básica das Iguais é recente, mais consideran
que se esta, a RBis, de partida serve para rachar con todo o que está arredor
do traballo, ou mellor dito, arredor do emprego, é un bo punto de partida para
unha ruptura.
Emprego, traballo. Traballo, emprego. 0 que exercen estas persoas é evi-
dente que non é emprego, entendendo que non está dentro do mercado
laboral. Elas sábeno ben, mais non obstante é un traballo remunerado, se
ben este é invisíbel aos ollos da economía formal. Unha ocultación que con-
duce a que se produzan situacións de indefensión ou ausencia de dereitos
sociais. Por exemplo, no ámbito da experiencia coas persoas que exercen
a prostitución, as compañeiras de Aukera comprobaron que estas non se
achegan a pedir axudas sociais, neste caso, rendas mínimas como a Renda
de Garantía de Ingresos (no sucesivo RGI) da Comunidade Autónoma Vasca.
0 primeiro que fai esta xente é intentar saír adiante procurando manterse
cos ingresos da actividade que exercen. Non se achegan aos servizos sociais
de base para solicitar axudas, pois suponlles un alto grao de control ao soli-
citárselles moitos papeis que, finalmente, as obriga a dar información sobre
a súa ocupación. Isto leva ao estigma, xa que comporta unha visualización
da súa profesión, o que en ocasións implica dificultades para as traballadoras
sexuais. Non só non se achegan aos servizos sociais senón que non parece
que teñan cabida en Lanbide (Servizo Vasco de Emprego), organismo público
que actualmente xestiona todo o relacionado coa RGI. A súa realidade social,
por exemplo, a mobilidade e o feito de estaren empadroadas noutro lugar d¡-
ferente do que traballan, ou directamente a imposibilidade de empadroarse,
impídelles acceder a todo o relacionado coas axudas sociais.
A centralidade do emprego no sistema social en que vivimos leva a que se
produza unha forte estigmatización social, dado que estas persoas traballan
nunha actividade non regulada e menos aínda "normalizada" socialmente.
Así, pódese comprobar cando unha persoa se achega a un curso ou á traba-
lladora social e o primeiro que se lle pregunta é como se chama e deseguido
Voces desde Guipúscoa e Vigo
en que traballa. Algo que produce medo e angustia. En Aukera constatan
unha falta de discurso arredor de como estas persoas se gañan a vida
aínda que teñan ingresos, volvemos á centralidade do emprego, o que
equivale a preparar este discurso á hora de achegarse á Unidade deTra-
ballo Social do seu municipio ou ao Servizo de Emprego co fin de ocultar
a súa verdadeira fonte de ingresos, xa que non está "ben vista'.' Isto pó-
dese observar como o "mundo das mentiras" que alimenta o "mundo
dos prexuízos',' así enténdese que se minta para cobrar as axudas. Non
obstante, a maioría das mulleres coas que se traballa desde Aukera non
queren pedir axudas, pois xa teñen ingresos e, aínda que estes sexan
poucos e elas teñan dereito a cobrar as axudas, non se facilita a posibili-
dade de exerceren o seu dereito a cobralas.
Outro colectivo constitúeno as persoas transexuais que tropezan con
importantes dificultades ao estar todo vinculado, unha vez máis, ao em-
prego. Estas persoas, mulleres no caso de Aukera, non poden acceder
ao emprego de forma normalizada, pois os empregos están catalogados
quer como "femininos',' quer "masculinos'.' Deste xeito, queda nunha s¡-
tuación grave ao non poder ou non querer facer unha reasignación de
sexo e así poder acceder a un emprego. Isto provoca que se busque
na prostitución o que non se pode conseguir mediante o emprego. Esta
situación de total desamparo e falta de dereitos implica importantes pro-
blemas no plano emocional e na saúde mental e física destas persoas.
Dous puntos importantes da RBis como a universalidade e a incondicio-
nalidade terían grande importancia para estes colectivos. A RBis eviden-
temente non solucionaría todos os problemas sociais destas persoas,
pero suporía un avance na loita pola superación deses problemas.
Cóntannos desde Aukera que se se puidese acceder a unha RBis, esta podería
supor un importante colchón económico para estas persoas, e mais tendo
en conta que a mal chamada crise levou á baixa de prezos co conseguinte
deterioro nas condicións de traballo. Igual que se produciría en calquera outro
emprego, un dos efectos da aplicación da RBis, recoñecen, sería o dunha ne-
gociación á alza dos prezos dos servizos, o que sen dúbida melloraría as súas
condicións de traballo. Admiten que esta posibilidade se daría en persoas que
tivesen unhas ideas claras para utilizar este colchón e ven claro que, dito col-
chón, a RBis, nun primeiro momento sería de gran utilidade para as mulleres
que desexen saír da prostitución, mais tamén para as que desexen seguir exer-
Voces feministas
céndoa, proporcionándolles un punto de dignidade. Algo que non se diferencia
de calquera outra persoa empregada que desexe ou non deixar o emprego que
actualmente ten ou desexaría ter.
Precisamente desde Aukera entenden que a RBis non é unha ferramenta da
que se beneficiarían apenas uns determinados colectivos, senón que é unha
ferramenta que nos beneficiaría a todas en conxunto, sen distinción ningunha.
0 que facilitaría a RBis, segundo elas o entenden, é a liberdade para decidir
certos aspectos fundamentais. As traballadoras do sexo beneficiaríanse ao ter
liberdade para decidir certas cousas, pero tamén as persoas desempregadas,
as mozas en idade de ser empregadas ou non... En definitiva, o beneficio sería
para todas.
Como vemos, a RBis pode ser unha magnífica ferramenta de superación e de
liberdade de decisión, non só en colectivos sociais determinados, senón no
conxunto da sociedade. É unha ferramenta que facilita procesos emancipado-
res, persoais e colectivos, procesos que teñen diferentes fases. Porén temos
que ter claro que esta ferramenta precisa do traballo, conciencia e loita de
todas nós, pois por s¡ soa non soluciona nada. Así é como o entende a xente
de Aukera e así entendémolo nosoutras.
VOCES DESDE VlGO
A reivindicación da RBis chegou á miña vida para quedarse
Por Cris Blanco
Podería ser doutra maneira? Non. Unha formulación a prol de dignificar a miña
vida e a das persoas que me rodean, de cuestionarme todas as relacións emo-
cionais e laborais que conforman a muller que son, ten que ser por sentido
común un estímulo para apuntalar os alicientes das loitas anticapitalistas e an-
tipatriarcais.
Cando reflexiono arredor de que suporía para min percibir a RBis entran nestes
pensamentos as miñas devanceiras familiares. Miña nai solteira, embarazada,
repudiada e migrada para poder sacar adiante a súa filla. Traballou do que non
quería, do que se sentía humillada, vexada, e esta situación pola supervivencia
Voces desde Vigo
levouna ao alcoholismo, unha enfermidade da que xa non foi quen de curarse.
Doenza que me arrastrou a sufrir unha infancia moi dura, chea de malos tra-
tos tanto físicos como psíquicos e abusos sexuais do pai que "tocaba" nese
momento.
Poderiamos, miña nai e eu, ter outra realidade se as nosas necesidades bási-
cas estivesen cubertas pola RBis? Estou convencidísima de que s¡. Ela coci-
ñaba, e cociñaba moi ben, e gustáballe. Nunha época da súa vida soñou con
formarse e ter un bar pequeniño preto do mar. E ler, gustáballe ler. E gustáballe
contar historias e inventalas e, ás veces, cando estaba sobria, daba aloumiños
inmensos que curaban a alma.
Que me esperaba a min con 15 anos marchando da casa? Cunha man diante
e outra detrás, e cunha chea de dor e de sentimento de culpa e de rabia e de
medo..., mais tiña que sobrevivir coma fose. Pois nada, en centros tutelados
até os dezaoito e despois a traballar para acadar a miña subsistencia. Eu que
soñaba con ser traballadora social, mais non tiña os medios nin tan sequera as
forzas. Despois das catorce horas diarias nun bar para pagar o alugueiro, a luz,
a auga... tan só me quedaban forzas para soñar.
Todo o que me aconteceu até hoxe tamén xira arredor da supervivencia. Da fal-
ta de seguridade e estabilidade emocional que sofres cando toda a túa activida-
de vital xira en prol de satisfacer os mínimos necesarios para sobrevivir. Casar
con 20 anos por amor e divorciarte con 22 por "diferenzas irreconciliábeis'.' El
volveu para a casa cos seus pais, mais eu quedei cun bebé e sen medios para
mantelo. Ningún traballo que atopaba tiña un horario que conciliase coa garda-
ría do meu cativo, iso sen contar que o custo da gardaría non me deixaría pagar
o alugueiro. As axudas que tentei solicitar, con moi pouca información e apoio
por parte do equipo social do, chegaban tarde e a única alternativa era entregar
o meu pequeno aos servizos sociais. Paseino mal, pois chegou o momento en
que non tiña nin para comer e víame obrigada a pedir axuda ás amizades que
eu mesma perdín cando casei. Porén, xa non houbo máis saída -ou así o crin
daquela-, que deixarlle o neno aos avós paternos, engulín o orgullo e pensei
no meu cativo. Colleron a tutela temporal mentres eu me apañaba para saír ao
paso e estabilizaba a miña situación. Pasaron anos e foi duro, pois o neno non
sempre quería verme e non tiña ese vínculo comigo que se tece no día a día.
Recompuxen a miña situación cunha nova parella e cun traballo máis estábel,
recuperei con moitas bágoas e amor a relación co meu cativo, que xa ía para
oito anos cando puidemos durmir outra vez xuntos na mesma casa e pasar un
Voces feministas
día enteiro falando e xogando. E agora ten un
irmán e tentamos arrincar horas fóra das xor-
nadas laborais e escolares co f in de poder ter
tempo para falar, xogar, aloumiñar, cociñar,
ler, cantar, rir, chorar, pintar..., en definitiva,
acompañarnos.
É duro vivir cando a túa prioridade é unica-
mente conseguir cartos para cubrir os ali-
mentos, a luz, a auga, o abrigo, o teito, as
medicinas etc. Cando tes que deixar as fillas
e fillos de catro meses na gardaría e non es-
tás preparada. Cando lles doe a barriga e tes
que deixar a visita á pediatra para esa mañá
libre que tes, pois, no meu caso, temos un
negocio familiar e depende todo de nós. 0
feito de que un de nós enferme ou se ausen-
te supón que o resto asuma o dobre de tra-
ballo e pelexe coas horas do día para chegar
a todo e sen que se resinta o peto ao final
de mes. Estes sacrificios e ansiedades non
aseguran en absoluto os cartos para pagar
as facturas. Xa non falemos se se avariase o coche ou se os nenos precisasen
unhas lentes ou un aparello para os dentes, entón toca decidir que o recibo da
luz é máis necesario ca as lentes nese momento.
Cando nacemos choramos e atopamos a seguridade no colo, o alimento no
peito, a calor na mantiña etc. Mais os choros seguen toda a vida e non sempre
son cubertos nin en tempo nin en forma. Que pasaría se puidésemos atender
e atendernos desde a tranquilidade que dá vivir dignamente, desde a seguri-
dade que dá ter cuberto o teito, o alimento? Que pasaría se as persoas non
nos arrastrásemos toda a vida na loita pola subsistencia?Teriamos tempo para
pensar cales son realmente as nosas prioridades, para afondar nos nosos ta-
lentos, para coidar as nosas emocións... En definitiva, seguro que forxabamos
personalidades que mudarían a realidade coñecida, vidas que se enredarían,
pois seriamos conscientes de que nos unen sentimentos e soños e non as
ansiedades e tristezas da loita diaria. Estou convencidísima, e así aprendín das
miñas experiencias grazas a achegarme ao proceso da RBis, de que aínda hai
esperanzas en que sexa marabilloso vivir e... niso andamos.
by Tiago Zaniratti bajo licencia © BY 2.0
Voces desde Compostela e Carral
VOCES DESDE COMPOSTELA
Recollido nun dos obradoiros sobre RBis e Feminismo
En que mudaría a RBis a miña vida?
• Nunca percibín en salario a contía equivalente á RBis, así que me sentiría
coma se fose rica
• Liberdade para me seguir formando e mudar de orientación profesional
• Liberdade para escoller onde e con quen vivir
• Maior coidado e saúde global
• Máis tempo para mudar este sistema
• Liberdade
• Gozar de tempo da vida
• Contribuír a mellorar a vida dos demais
• Deixar unhas boas condicións de vida para as persoas que nos sucedan
Para min, que fai que unha vida valla a pena?
•Tempo para coidarse; saúde no máis amplo sentido
• Redes e afectos
•Tempo para contribuír a mellorar o presente
• Liberdade e recursos de expresión
Que son para min unhas condicións de vida digna?
• Amor
• Liberdade
• Realización Persoal
• Poder de decisión
Voces feministas
VOCES DESDE CARRAL
Em primeira pessoa...
Por Mónica Gongalves (Herves, Carrai, A Corunha)
...porque assim deve ser; estou um tanto farta dessa coisa masculina de
falar desde a teoria sem se debrugar na vida de cada dia. 0 feminismo
ensinou-nos há décadas que o pessoal é político, assim que náo gosta-
ria de cair na velha armadilha... Também náo contradirei aquilo de «náo
há nada mais prático do que uma boa teoria», sendo sempre cientes de
que a teoria é construída por pessoas com vidas, privilégios e opressóes
concretas.
A primeira vez que participei de um atelié entre mulheres sobre Ren-
da Básica das Iguais, recebemos explicagáo sobre o que era e, de segui-
da, uma simples pergunta: «Em que mudaria a nossa vida se já fosse uma
realidade?» 0 exercício abriu-me a mente. Uma das coisas que respondi
foi que me sentiria rica; em realidade, queria dizer «deixaria de me sentir
precária». Nada mal para comegar...
A seguir, teoria: nas casas heteropatriarcais como a minha, o salário da
mulher costuma ser inferior ao masculino, no fundo um "complemento"
da economia "familiar',' a conveniéncia do macrossistema e assim vivido
por muitas no seu micro. Uma das consequéncias é que a maioria das
mulheres que conhego renuncia sistematicamente a muitos desejos ma-
teriais (além doutros); é claro que o consumo é um importante debate em
s¡ mesmo, mas as despesas dos homens nos seus hobbies náo costu-
mam ser táo (auto)questionadas.
Nas "crises" esse salário secundário é o primeiro em desaparecer. Oxalá
vos pudesse contar que sou uma empreendedora empoderada autossu-
ficiente, mas por enquanto sou apenas aspirante a. Hoje, na minha casa
heteropatriarcal-em-deconstrugáo, entende-se que o servigo gratuito que
fago para o sistema, reproduzindo a forga de trabalho no lar (porque, olha,
temos o costume de comer trés vezes por dia...!) tem um valor e assim
recebo a minha paga em ouros sonantes, que náo em carinho, sexo nem
outras espécies...* (o reconhecimento náo material é muito agradecido,
mas nem do ar, nem de "contigo páo e cebola" vive a mulher).
Voces desde Carral
Ficar na casa pode ser obriga ou escolha (e há uns anos que muitas pes-
soas estáo a descobrir as virtudes na necessidade), mas náo significa
deixar de lutar, pois a luta está em todo lugar, aqui mesminho ao lado e
dentro de nós, se há consciéncia e compromisso. A luta pública é irmpres-
cindível, como o é a diária mais invisível: a transformagáo das relagóes
humanas, o caminho para a autossuficiéncia, o consumo responsável, a
educagáo respeitosa das criangas etc; gestadas em boa parte no lar sáo
também sementes de revolugáo ou quando menos sáo opcoes políticas,
táo (in)válidas como quaisquer outras.
A Liberdade encontra a Justica
Nunca fui muito partidária do salário das "donas de casa" (quando ficará
esta expressáo obsoleta...?), das batalhadoras privadas do lar. Para mim
(e tantas) a RBis significaria que, em vez de cobrar através da exploragáo
de uma pessoa, com quem tenho um relacionamento afetivo arbitrário
mas instituido socialmente (por muito que a gente náo se casar), o siste-
ma me pagaria diretamente. Seria um reconhecimento público, social, ás
horas dos meus dias.
E porque tenho direito a viver dignamente, sem importar se moro com
um homem, sozinha ou com cinco mulheres e oito criangas. Muito mais
justo, náo tem comparagáo.
Também penso no presente do tempo que suporia para mim e para ou-
tras. Tempo para o meu projeto, que tenta juntar a paixáo com a utilidade
social e a minha independéncia (do namorado, do patráo e do sistema),
sem o medo terrível a náo sobreviver, que envolve todos os outros medos
e trava as intengóes. Sem passar por essa dicotomia desoladora que é
prostituir-nos para "ganhar a vida',' enquanto náo podemos exercer um
talento que a encha de sentido e a comunidade náo possa beneficiar-se
dele.
Na segunda vez (repeti atelié) foi muito enriquecedor em questionamen-
tos sem prepoténcia, muito vivo. Ficou claro para mim que só por isso vale
a pena falar do tema. Abre-nos a mente; imaginamos um mundo além
das nossas vidas, desde elas. Aqui e agora é o ponto de partida; retomo o
Manifesto Riot Grrrl de 1991: "(...) Porque reconhecemos as fantasias da
revolugáo instantánea armamentística dos machos como mentiras pouco
Voces feministas
práticas, destinadas a nos manter simplesmente a sonhar, em vez de nos
transformar nos nossos sonhos, procurando assim criar a revolugáo nas
nossas vidas todos os dias, imaginando e criando jeitos alternativos á
merda capitalista cristá de fazer as coisas'.'
Em primeira pessoa, porque sei que sou mais um gráo e náo há dois
iguais, mas somos a mesma praia sob o asfalto; e a terra onde germinam
as sementes todas...
*Agradego muitas ideias inspiradoras a Maria Fidaigo, Erika Irusta R.,
Germaine Greer, Xiana Arias e tantas outras companheir@s de reflexáo
(escrita e "lercheo" infinito).
* Convido-vos a visitarna web esta agáo da artista Yolanda Domínguez
www. yolandadominguez. com/es/chica-joven-se-of rece-para-2009.html
BIBLIOGRAFÍA
Cara á centralidade da vida
BRAUDEL, F. (1985): La dinámica del capitalismo, México: Fondo de Cultura
Económica.
CARRASCO, C. (2009): «Mujeres, sostenibilidad y deuda social» Revista de
Educación, número extraordinario 2009, Madrid: Ministerio de Educación.
CASTORIADIS, C. (2013): «E1 ascenso de la insignificancia» en AGUILERA
KLINK, F. (coord.) (2013): Para la rehumanización de la economía y la sociedad.
Almería: Mediterráneo Económico. Publicaciones Cajamar, Vol. 23, pp. 63-92.
FEDERICI, S. (2010): Calibán y la bruja. Mujeres, cuerpo y acumulación
originaria, Madrid: Traficantes de Sueños.
FIERRERO, Y. (2013): «Miradas ecofeministas para transitar a un mundo
justoy sostenible» en Revista de Economía Crítica, n° 16.
MIES, M. / SFHVA, V. (1998): Ecofeminismo: teoría, crítica y perspectivas.
Barcelona: Icaria.
MELLOR, M. (2000): Feminismo y ecología. México: Siglo XXI.
MORA, L. (2013): «E1 trabajo con sentido en proyecto constituyente». Madrid:
Papeles, n ° 122.
NAREDO, J. M. (2006): Raíces económicas del deterioro ecológico y social.
Más allá de los dogmas. Madrid: Siglo XXI.
PÉREZ OROZCO, A. (2006): Perspectivas feministas en torno a la economía:
el caso de los cuidados. Madrid: Consejo Económico y Social, Colección
Estudios, n° 190.
POLANYI , K. (1992): La gran transformación: Los orígenes políticos y
económicos de nuestro tiempo (1944). México: Fondo de Cultura Económica.
ROCKSTRÓM, J. (2009): «Planetary boundaries: exploring de safe operating
space for Humanity» en Ecology and Society, vol.14, núm. 2.
THOMPSOM, E.P. (1989): La formación de la clase obrera en Inglaterra.
Barcelona: Crítica. Ed. orixinal: The Making of the English Working Class.
Nueva York: Vintage Books, 1963.
RENTA BASECA DE LAS IGUALES 'i feffliniífñOÍ
De \a centralidad del empleo a la centralidad de la vida
Os principios da desigualdade
ASOCIACIÓN ECONOMÍA CRÍTICA da Universidad de Málaga (2012):
«Heteropatriarcado y violencia machista».
Dispoñíbel en: http://malaga.economiacritica.net/?p=989
CASTRO GARCÍA, C. (2012). «¿Cómo afecta la crisis y las políticas de
austeridad a los derechos de las mujeres y a la igualdad?»
DURÁN, M a Á. (2012). «Más allá del dinero. La economía del cuidado».
Discurso de investidura como Doutora Honoris Causa.
P PÉREZ OROZCO, A. (2010). «Diagnóstico de la crisis y respuestas desde la
economía feminista».
Renda Básica das Iguais e Feminismos:
puntos de encontro... e camiños por percorrer!
CARRASCO, C. (2001): «La sostenibilidad de la vida: ¿un asunto de
mujeres?». Mientras Tanto, n° 82: 5-25. Recuperado o 1 de abril de 2014.
Dispoñíbel en: http://biblioteca.clacso.edu.ar/gsdl/collect/clacso/index/assoc/D2748.dir/2carrasco.pdf
CARRASCO, C. (2011): «La economía del cuidado: planteamiento actual y
desafíos pendientes». Revista de Economía Crítica, n° 11: 205-225.
CARRASCO, C. (2012): «No es una crise, es el sistema». Revista Con la a, n° 1.
Recuperado o 11 de marzo de 2013.
Dispoñíbel en: http://numerol.conlaa.com/archivos/562
CHUS, RUTH E SUA (2013): «La tiranía del empleo como norma». Diagonal. Recuperado
o 13 de novembro de 2013.
Dispoñíbel en: www.diagonalperiodico.net/la-plaza/19591-la-tirania-del-empleo-como-norma.html
DALLA COSTA, M. (1971): «Las mujeres y la subversión de la comunidad», en
DALLA COSTA, M. /JAMES, S. (1972): E1 poder de la mujer y la subversión de
la comunidad. México: Siglo XXI. Recuperado o 3 de xuño de 2013.
Dispoñíbel en: http://retoricasdaresistencia.blogaliza.org/files/2012/01/Las-mujeres-y-la-subver-
sion-de-la-comunidad-1971.pdf
DEL OLMO, C. (2014): «La renta básica y la cuestión femenina. ¿Dónde está
mi tribu?» (blog).
Recuperado o 20 dexaneiro de2014. Dispoñíbelen: http://dondeestamitribu.blogspot.com.es/2014/01/la-ren-
ta-basica-y-la-cuestion-femenina.html
DEL RIO, S. (2013): «¿Empleo? What the fuck!», en Diagonal (25/06/2013)
Recuperado o 25 de xuño de 2013.
Dispoñíbel en: https://www.diagonalperiodico.net/la-plaza/empleo-what-the-fuck.html
DEL RIO, S. /PÉREZ OROZCO, A. (2004): «Una visión feminista de la precariedad
desde los cuidados». IX Jornadas de Economía Crítica, UCM, 25-27 de marzo.
Recuperado o Wdexuño de2012. Dispoñíbel en: http://cdd.emakumeakorg/recursos/268
FEDERICI, S. (2010): «E1 trabajo precario desde un punto de vista feminista», en
Revista Sin Permiso.
Recuperado o 25 de marzo de2013. Dispoñíbel en: http://www.sinpermiso.info/textos/index.php?id=3007
FEDERICI, S. (2013): E1 feminismo y las políticas de lo común en una era de
acumulación primitiva, en FEDERICI, S: Revolución en punto cero: Trabajo
doméstico, reproducción y luchas feministas (pp. 243-254). Madrid: Traficantes de
Sueños.
IGLESIAS FERNÁNDEZ', J. (2011): Que é a Renda Básica das Iguais?
Málaga: Zambra.
IGLESIAS FERNÁNDEZ, J. [et al.J (2012): ¿Qué es la Renta Básica de las Iguales?
Málaga: Zambra.
LÓPEZ, S. (2013): ¿Cómo hacer de la vulnerabilidad un arma política?, de Vidas
Precarias (blog).
Recuperado o 12 de decembro de 2013. Dispoñíbel en: https://www.diagonalperiodico.net/blogs/vidasprecarias/
como-hacer-la-vulnerabilidad-arma-para-la-politica.html
LORES CORREA, D./GARCÍA ESCAMILLA, E. /SÁEZ BAYONA, M. (coords.) (2012):
Repartindo a nosa riqueza. Estudo de viabilidade da Renda Básica das Iguais
en Galiza. Málaga: Zambra.
PÉREZ OROZCO, A. (2004): «Estrategias feministas de la desconstrucción del
objeto de estudio de la economía». Foro Interno, n° 4:87-117.
PÉREZ OROZCO, A. (2006): «Amenaza tormenta: la crisis de los cuidados y la
reorganización del sistema económico». Revista de Economía Crítica, n° 5:7-37.
PÉREZ OROZCO, A. (2011): «Crisis multidimiensional y sostenibilidad de la
vida». Investigaciones Feministas, vol. 2, 29-53.
PÉREZ OROZCO, A. (2012): «De vidas vivibles y producción imposible». Rebelión.
Recuperado o 18 de outubro de 2012. Dispoñíbel en: http://www.rebelion.org/noticia.php?id=144215
VV.AA. (2009): «Orgullosamente Feministas. Necesariamente Inconvenientes».
Cuadernos de pensamiento y debates. Recuperado o 20 de agosto de 2012.
Dispoñíbel en: http://loslibroslibres.files.wordpress.com/2010/08/cuaderniUo-feministas.pdf
OTROS TÍTULOS PUBLICADOS
POR BALADRE Y ZAMBRA
BRASIL
POTENCLV
Eiítre l& «nwTipflcidn ncíHmfll
y un iiiiu vd ImpciiállxnH»
Descolonizar la rebeldía
(Des)colonialismo del
pensamiento crítico
y delas prácticas
emancipatorias
Raúl Zibechi
Planeta Carroña
La crisis explicada
a una ciudadanía
estafada
Josep Manel Busqueta
Brasil Potencia
Entre la integración
regionaly un nuevo
imperialismo
Raúl Zibechi
GRIETAS YLUCES
EBWW5 DfHlAHIW»»* KStt
Grietas y luces
Experiencias contra la
marginacion social desde
la educación la ciudadanía
y la justicia
Pablo Cortés González
(Coord.)
: guÍR pxudfls
Guía axudas sociais
Información ao servizo
das persoas!
ODS - Coia. Oficina de
dereitos sociaes - Coia
http://issuu.com/ods-coia/docs/
guia_axudas_sociais/0